O IGVS abre hoxe o procedemento para a adxudicación de 12 vivendas protexidas rehabilitadas polo CCVV

  • Sortearanse entre os demandantes que a día de hoxe estean inscritos ou teñan presentada solicitude de inscrición no Rexistro de Demandantes de Vivenda.
  • Os interesados contan con quince días hábiles para solicitar a súa inclusión no sorteo, que se realizará o 17 de setembro.

Vigo, 1 de xullo de 2013.- O Instituto Galego da Vivenda e Solo iniciou hoxe o procedemento para a adxudicación de doce vivendas protexidas de promoción privada, rehabilitadas polo Consorcio Casco Vello de Vigo, participado nun 90 por cento polo IGVS, no que poderán participar todos aqueles que a día de hoxe estean inscritos ou teñan presentado solicitude de inscrición no Rexistro de Demandantes de Vivenda, no réxime de vivenda concertada e acceso en compra.

Os interesados que cumpran o requisito anterior dispoñen de quince días hábiles para solicitar a súa inclusión no procedemento de adxudicación, para o que poden atopar o modelo de solicitude na web do IGVS: http://igvs.xunta.es/web/actuamos/celebracions-sorteos-rexistro-demandantes. O prazo remata o 18 de xullo.

As vivendas para as que se inicia o procedemento de adxudicación son as seguintes:

 

Localización

Nº vivendas

Superficie m2

Nº dormitorios

Prezo €

R/ Ferrería 31

1

65,56

1

91.437,84

R/ Ferrería 33-35

2

47,25

2

65.900,52

46,85

65.342,63

R/ Ferrería 33-35

2

88,35

3

123.223,51

84,28

117.547,00

R/ Ferrería 25-27-29

5

56,81

2

79.234,04

60,71

84.673,45

65,68

91.605,21

73,14

102.009,82

116,55

3

162.554,62

Canellón do Estreito 12

1

62,75

1

87.518,68

Canellón do Estreito 12

1

92,57

2

129.109,23

Unha vez rematado o prazo para a presentación de solicitudes de inclusión no sorteo e tramitadas as mesmas. A lista provisional de admitidos ao mesmo publicarase o seis de agosto, abríndose un prazo de sete días hábiles (ata o 14 de agosto) para reclamacións á mesma. A lista definitiva publicarase o 27 de agosto e o sorteo das vivendas realizárase o 17 de setembro.

Facebook