O Consorcio inicia o ano coa venda dunha nova vivenda na Subida ao Castelo

2

  • Presidente do Consorcio Ignacio López Chaves Castro prevé un bo ano no que o Casco Histórico de Vigo medrará en poboación. 

Vigo, 4 de xaneiro de 2015. O Presidente do Consorcio do Casco Vello de Vigo e Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Vigo, asinou esta mañá mediante escritura pública, a venda dunha vivienda do Casco Histórico da cidade, mediante o proceso de adxudicación directa.

Segundo destacou Ignacio López Chaves Castro, trátase dunha vivenda baixo no número 5 da rúa Subida ao Castelo dun dormitorio, cunha superficie útil de 46 metros cadrados, vendida por 67.048,00€.

O edificio onde se atopa a vivenda está ubicado no edificio da 5ª fase, San Sebastián 4/6 Subida ao Castelo 5-7, que comprende un total de dez viviendas, quedando dispoñible a día de hoxe para súa venda un piso en San Sebastián nº4 dunha habitación e 60 m2 por 85.782,00 €.

O Presidente do Consorcio lembrou que o edificio onde se atopa a vivienda hoxe vendida, vén de ser premiado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) co premio “Gran De Area”,  en recoñecemento ao esforzo na recuperación dos espazos urbanos no Casco Vello de Vigo.

“Estou convencido que o 2016 será un bo ano para a venda de pisos que oferta o Consorcio. Tanto a vivenda coma os locais comerciais que ofertamos á xente e profesionais interesados en instalarse na zona alta do Casco Histórico, están a ter cada vez máis demanda”, manifestou López Chaves Castro.

Ademáis de dúas rehabilitacións, que aborda o Consorcio neste ano, de dous inmobles nos números 45-47 e 10-12 da rúa Ferrería, a oferta actual de vivenda á venda dispón mediante adxudicación directa de 7 vivendas dunha habitación nas rúas Santiago 19, Canellón do Estreito 12, San Sebastián 6, Subida ao Castelo 24-26, e en Ferrería 5. Nesta última promoción 3 apartamentos. Tamén sairán a concurso nas próximas semanas para a súa adxudicación de 5 locais comerciais.

Finalmente, Ignacio López Chaves Castro quixo recordar que nos dez anos de vida do Consorcio a inversión da Xunta de Galicia no Casco Histórico de Vigo, incluíndo tamén os ARIS, suma preto de 35.000.000 €. Exemplo da aposta decidida pola transformación urbanística dun barrio que languidecía co paso dos anos.

Facebook