O Consorcio entrega as chaves de 3 vivendas de protección que foron sorteadas hai tan só 3 meses polo IGVS

novo propietario coas chaves entregadas polo Consorcio

  • A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch, entregou hoxe as chaves aos propietarios doutras 3Vivendas de Protección Autonómica (VPA), rehabilitadas polo organismo, e pertencentes a promoción San Sebastián 4-6/Subida ao Castelo 5-7

  • Os prezos dos pisos destes novos veciños oscilan entre os 94.000 euros (sen IVE) do máis barato e os 109.000 euros (sen IVE) do máis caro. Todos os inmobles entréganse coas cociñas montadas, sendo a primeira vez que o organismo corre cos gastos deste equipamento

  • O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) acaba de publicar na súa web (http://igvs.xunta.es/web/actuamos/celebracions-sorteos-rexistro-demandantes) as listaxes provisionais de admitidos e excluídos no procedemento de adxudicación doutras 8 VPA: San Sebastián 24-26 e Ferrería 3-5-7. Os interesados contan con 7 días hábiles, desde o día seguinte da súa publicación, para alegacións o achega de máis documentación

Vigo, 22 de xuño de 2015- A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch, entregou hoxe as chaves doutras 3 Vivendas de Protección Autonómica (VPA), rehabilitadas polo organismo, e pertencentes ao último sorteo realizado hai tan so 3 meses polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS).

O acto para a firma das hipotecas e das escrituras destes 3 novos pisos postos no mercado polo CCVV celebrouse este luns nunha notaría da nosa cidade, na que Bravo Bosch aproveitou para agradecer aos xa novos veciños do barrio histórico, a súa aposta decidida para residir na zona.

Con respecto as 3 VPA adquiridas, todas entréganse coas súas cociñas montadas –é a primeira vez que o CCVV corre cos gastos deste equipamento- e contan cun dormitorio. Trátase do 2º de San Sebastián, 4; do 2º de Subida ao Castelo, 5; e do 1º de Subida ao Castelo, 7. Os prezos dos mesmos oscilan entre os 94.656 euros (sen IVE) do máis barato e os 109.120 euros (sen IVE). As superficies das VPA van desde os 59,16 m2 aos 68,20 m2.

Tras a entrega das chaves deste 3 pisos de protección, xa son 65 as novas familias que están residen no Casco Vello desde que o organismo, participado nun 90% pola Xunta en nun 10% polo Concello, comezara a súa oferta de porta no mercado de VPA. Ata a actualidade, o IGVS sorteou xa 74 VPA que formaron parte dun total de 5 fases con distintas promocións de inmobles.

Listaxes provisionais para o 6º sorteo do IGVS

O CCVV segue adiante co proceso de adxudicación doutros pisos de protección, despois de que o IGVS publicara xa na súa web (http://igvs.xunta.es/web/actuamos/celebracions-sorteos-rexistro-demandantes) os listaxes provisionais de admitidos e excluídos nos procedementos abertos para adxudicar outras 8 VPA, correspondentes a San Sebastián 24-26 (4) e Ferrería 3-5-7 (4).

Os participantes no proceso contan con 7 días hábiles para as correspondentes alegacións e, no seu caso, a presentación da documentación esixida.

Ditas 8 VPA que formarán parte do 6º sorteo do IGVS, contan con 1 e 3 dormitorios e unhas superficies útiles que oscilan entre 53,84 metros cadrados e 97,59 m2. O prezo destas novas 8 vivendas vain desde 80.388 euros (sen IVE), a máis barata, mentres que a máis cara é de 126.701 euros (sen IVE).

Ademais deste novo sorteo, o CCVV aínda ten dispoñibles outros 4 pisos que se poden adxudicar de forma directa. Os interesados teñen que estar inscritos previamente no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda, no apartado de Vivenda de Promoción Privada de Réxime Concertado, na casiña de compra.

Balance actual de actividade O CCVV adquiriu un total de 70 inmobles, dos cales 43 xa foron totalmente rehabilitados, o que se traduce na consecución de 99 vivendas -82 para venda, 12 para aluguer e 5 para realoxos- e 27 locais comerciais -16 xa teñen actividade empresarial, 1 máis abrirá proximamente (despacho de pan en Real, 25), outros 3 están en proceso de adxudicación mediante concurso público, outros 4 están recén rematados, 1 máis está pendente do uso e os outros 2 son os relativos á sede de APEC e ao novo Servizo de Notificacións e Embargos.

Así mesmo, 10 inmobles foron transmitidos a outras institucións, incluíndo aquí, entre outros, os últimos 3 edificios da Ribeira do Berbés (números 11-13-15) onde a Universidade de Vigo construirá o seu Centro de Linguas, así coma os 4 inmobles adquiridos polo Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantís de España (Real, 29-31-33 e Alta, 26), desde onde xa operan.

Así mesmo, xa foron licitadas as obras de rehabilitación doutros 4 edificios emprazados na rúa Ferrería, concretamente, nos números 10-12 e 45-47 dos que, logo da intervención prevista, se porán no mercado outras 6 VPA e 2 locais comerciais.

Facebook