O Consorcio Casco Vello derrubará e baleirará Cruz Verde 12

O Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), como paso previo á súa futura rehabilitación, procederá proximamente á derriba e baleirado do edificio situado na rúa Cruz Verde 12 do barrio histórico vigués . O organismo promotor da recuperación desta zona, integrado nun noventa por cento polo Instituto Galego

Ficha Pepri Cruz Verde 12.

Situación do edificio

de Vivenda e Solo e nun dez por cento polo Concello de Vigo, acaba de obter a pertinente licencia de derriba que recolle a necesidade, dada a cualificación do inmoble, de conservar as fachadas de pedra , debidamente apontoadas- e manter os elementos protexidos como balcóns e carpinterías de madeira.  A edificación conta cuns niveis de interese histórico e arquitectónico Medio segundo o Plan Especial de Protección e Reforma (PEPRI) do Casco Vello, que o sitúa como Baixo no caso do seu interese urbanístico.

As obras, que deberán incluír medidas de illamento e impermeabilización das medianeiras existentes, afectarán as tres plantas en altura e á planta baixa do edificio e supoñerá actuar sobre  unha superficie total a derrubar de 307 metros cadrados.

cRUZ VERDE 12 5-07-16

O inmoble conservará a súa fachada de pedra.

 

A actuación do Consorcio Casco Vello de Vigo neste inmoble será a terceira que acometa na rúa Cruz Verde. En 2010, tras a rehabilitación do número 5 creáronse seis vivendas e un baixo comercial; Cruz Verde 8 acaba de obter a licenza de construción dunha nova vivenda unifamiliar e un baixo comercial cuxas obras comezarán ao longo do ano 2017, segundo recóllense no Plan de Actuacións e Inversion do CCVV.

Facebook