O CCVV solicita o inicio do proceso de selección de adxudicatarios para Ferrería 10-12 e Ferrería 45-47

Vigo, 26 de enero de 2017.

O Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) acordou na reunión ordinaria do seu Consello de Administración celebrado esta mañá solicitar ao Instituto Galego de Vivenda e Solo o inicio dos procedementos de selección de adxudicatarios para as promocións Ferrería 10-12 e Ferrería 45-47, que se atopan a piques de ser concluídas tras un investimento de 940.000 €. Este acordo supón, na práctica, a posta en marcha do proceso de venda  -mediante  sorteo ante notario entre os interesados inscritos no Rexistro  Único de Demandantes de Vivenda da Xunta de Galicia- das seis residencias que o organismo rehabilitador do barrio histórico da cidade olívica ha construído nestes dous inmobles ao longo do último ano.

 

 

A solicitude leva aparellado, así mesmo, a proposta do prezo en que se poñerán á venda as novas vivendas, dúas en Ferrería 10-12 e catro en Ferrería 45-47, que segundo a documentación achegada  serán en todolos casos inferior ao prezo máximo autorizado polo IGVS no momento da cualificación das mesmas como Vivendas de Protección Autonómica en réxime de venda concertada. A súa distribución e características poden verse nestas ligazóns: Ferrería 10-12 y Ferrería 45-47  .

 A rúa Ferrería, na zona alta do Casco Vello de Vigo, é unha das que concentrou un maior número de rehabilitacións do CCVV -organismo integrado nun noventa por cento pola Xunta de Galicia, a través do IGVS, e nun dez por cento polo Concello de Vigo- ao longo dos seus once anos de actividade. Este labor permitiu a rehabilitación de máis de cen vivendas -contando coas seis que agora se poñen á venda no que será o séptimo sorteo de edificios promovidos polo CCVV. Esta tarefa conlevou e o asentamento no barrio de 150 novos veciños e de dúas decenas de establecementos comerciais en locais tamén recuperados polo CCVV, datos destacados polo Delegado da Xunta de Galicia en Vigo e presidente do Consorcio, Ignacio López-Chaves, na presentación do acordó.  Así mesmo o organismo rehabilitador colaborou na instalación nesta zona da cidade de organismos oficiais como a Oficina de Notificacións da Consellería  de Xustiza ou dos Rexistros da Propiedade de Vigo, estando prevista tamén a creación dun edificio de I+D e actividades múltiples da Universidade de Vigo en edificios da zona do Berbés cedidos polo Consorcio.

 Adxudicación directa

Por outra banda,  na mesma reunión do Consello de Administración acordouse a adxudicación directa, en réxime de aluguer, do local comercial número 2 situado na rúa Ferrería 5. O mesmo, cunha superficie útil de 17,82 m2 destinarase á actividade de distribución polo miúdo e ao por maior de produtos alimenticios e terá una renta mensual de 122 €.

Facebook