O CCVV rubrica a prórroga do convenio con Novagalicia Banco para facilitar o acceso ás vivendas aos seus adxudicatarios

  • A presidenta do organismo, María José Bravo Bosch, asinou hoxe a prórroga do acordo marco de colaboración con Novagalicia Banco para seguir facilitando o acceso ás hipotecas aos futuros propietarios, ofrecendo condicións vantaxosas para poder obter o financiamento necesario.
  • A duración deste convenio será dun ano, poñendo a disposición a unha persoa para coordinar as oportunas operacións financeiras, ao tempo que terá unha comisión de seguimento para o seu correcto cumprimento.
  • Deste convenio poderán beneficiarse non so os adxudicatarios das últimas 12 VPA sorteadas o pasado mes de setembro por parte do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), senón ademais todos os vigueses e viguesas que queiran mercar algúns dos pisos que se poden adquirir por adxudicación directa.
  • Na actualidade, o CCVV conta cun total de 3 convenios de colaboración  desde tipo e o resultado é moi positivo, xa que un 80% das hipotecas firmadas polos adxudicatarios foron coas entidades financeiras colaboradoras.

Vigo, 3 de decembro de 2013.- A delegada territorial da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV),María José Bravo Bosch, e o director territorial de Novagalicia Banco, Walter Álvarez, rubricaron hoxe a prórroga do convenio marco de colaboración que xa tiñan e co que se pretende seguir facilitando a concesión de hipotecas aos adxudicatarios das Vivendas de Protección Autonómica (VPA) de prezo concertado rehabilitadas polo organismo e que seguen a poñerse no mercado na actualidade.

Tras a sinatura do convenio, Bravo Bosch agradeceu á Novagalicia Banco o seu interese por sumarse novamente a esta iniciativa da que xa se beneficiaron distintos adxudicatarios e que se puxo en marcha o ano pasado. Precisamente, Novagalicia Banco foi a primeira entidade financeira que quixo materializar co CCVV este convenio para facilitar a concesión de hipotecas nos tempos actuais de crise.

O organismo -participado nun 90% pola Xunta de Galicia e nun 10% polo Concello de Vigo- decidiu dar resposta á demanda dos propios adxudicatarios das vivendas que non o tiñan fácil á hora de conseguir as súas hipotecas.

A través do documento asinado durante un acto celebrado esta mañá na Delegación Territorial da Xunta, Novagalicia Banco comprométese a seguir adiante coa asignación dunha persoa para coordinar as oportunas operacións financeiras, ao tempo que tamén seguirá a comisión de seguimento do convenio para o seu correcto cumprimento.

A presidenta do CCVV mostra o Premio da XII Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo (BEAU)

O convenio materializado ten unha duración dun ano, podendo ser prorrogado por idénticos períodos previo acordo das partes.

Novagalicia Banco é a primeira entidade en prorrogar o seu convenio. A día de hoxe seguen operativos outros dous máis, o de BBVA e de Kutxabank.  Precisamente, o resultado atopado coa aplicación destes 3 convenios de colaboración é moi positivo, xa que un 80% das hipotecas firmadas polos adxudicatarios das vivendas rehabilitadas polo CCVV foron con ditas entidades financeiras.

De o documento asinado hoxe e do resto poderán beneficiarse non so os adxudicatarios das 12 VPA sorteadas o pasado mes de setembro por parte do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), senón ademais todos os vigueses e viguesas que queiran mercar algúns dos pisos aínda baleiros e que poden ser adquiridos mediante adxudicación directa, e tamén de protección.

Facebook