O CCVV, presente na Festa da Reconquista

IMG-20150328-WA0004

  • A presidenta do organismo, María José Bravo Bosch, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, visitaron hoxe a carpa do CCVV instalada no barrio histórico

Vigo, 28 de marzo de 2015- Hoxe, día 28, con motivo da celebración da Festa da Reconquista na nosa cidade, o Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) está presente no barrio histórico cun punto informativo para que a cidadanía en xeral coñeza de primeira man a súa labor dende a súa creación no ano 2005.

Hai dous anos, o Consorcio xa estivo presente na Reconquista ofrecendo información puntual da oferta de vivendas de protección e dos locais comerciais pero, nesta edición, a presenza do CCVV está a ser aínda maior coa instalación dunha carpa na Porta do Sol durante este sábado e mañá, domingo, 29.

IMG-20150328-WA0003A presidenta do CCVV, María José Bravo Bosch, acompañada, entre outras,  pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, visitou esta mañá a carpa do organismo -participado nun 90% e nun 10% polo Concello.

Dita carpa ten 3×3 metros e está caracterizada coma un posto máis de época. A mesma conta co información multimedia e paneis fotográficos ademais de ofrecer información persoal das actividades levadas a cabo polo Consorcio e folletos informativos baixo o lema: ‘Á Reconquista do Casco Vello’.

 

Facebook