O CCVV lembra que este xoves, día 18, remata o prazo para poder participar no sorteo doutras 12 vivendas de protección

  • O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) sorteará o vindeiro 17 de setembro os 12 pisos ubicados nas rúas Ferrería e Canellón do Estreito.
  • Poderán formalizar a solicitude no sorteo as persoas inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta cun modelo de solicitude que se poden atopar nas web do CCVV ou do IGVS.
  • Tamén segue aberto ata o vindeiro 22 de xullo o prazo para poder alugar algún dos 8 locais comerciais rehabilitados polo organismo. 
Vigo, 16 de xullo de 2013-. O Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) lembra que o vindeiro xoves, día 18, remata o prazo establecido para poder participar no sorteo doutras 12 vivendas de protección rehabilitadas polo organismo e que levará a cabo o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) no mes de setembro. Poderán formalizar a solicitude no sorteo as persoas inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta de Galicia.

As persoas que desexen participar en dito sorteo poderán descargarse o modelo de solicitude na web do CCVV (www.consorciocascovellovigo.org) ou do IGVS (http://igvs.xunta.es/web/actuamos/celebracions-sorteos-rexistro-demandantes). Unha vez cumprimentada a mesma terase que presentar no Rexistro da Xunta, no edificio administrativo vigués, na rúa Concepción Areal, número 8. O prazo remata o vindeiro 18 de xullo.

Será o cuarto sorteo que realizará o IGVS con vivendas recuperadas polo CCVV e mediante o que se porá a disposición da cidadanía outros 12 novos pisos de protección. Os mesmos, ubicados na parte alta do barrio histórico, pertencen as promocións: Ferrería 25-27-29-31 (6 vivendas), Canellón do Estreito, 12 (2 vivendas) e Ferraría 33-35 (4 pisos).  Todos eles contan con rebaixas no seu prezo dunha media de 27.000 euros. O desconto más importante é de 44.000 euros e corresponde a unha vivenda de tres dormitorios emprazada na promoción Ferraría 25-27-29-31. O prezo fixado do metro cadrado útil dos pisos rehabilitados polo organismo é agora de 1.394,72 euros/m2.

As 12 vivendas divídense en 2 pisos de 1 dormitorio, 7 de 2 dormitorios e 3 de 3 dormitorios. Contan con superficies que van desde47,25 m2ata116,55 m2e prezos que oscilan desde 65.342,63 euros ata 162.554,62 euros.

Segundo os prazos previstos, será o vindeiro 6 de agosto cando se publicará a lista provisional de admitidos e excluídos no proceso cun prazo de 7 días hábiles para a presentación das reclamacións que procedan, ata o mércores 14 de agosto. Resoltas as reclamacións no prazo máximo de 10 días, aprobaranse e publicaranse as listas definitivas coas persoas que participarán no sorteo do IGVS, concretamente, o martes 27 de agosto para, finalmente, celebrar o sorteo o vindeiro 17 de setembro.

A presidenta do CCVV, María José Bravo Bosch, animou aos vigueses e viguesas a que aposten polo barrio histórico e seguir así a dar vida ao corazón da nosa cidade, en pleno rexurdir grazas ao esforzo rehabilitador do Consorcio, participado nun 90% pola Xunta e nun 10% polo Concello.

As 12 vivendas dispoñibles e que se sortearán o 17 de setembro son:

Ferrería 25, 27, 29 e 31 (6 vivendas):

1ºA: 2 dormitorios, 56,81 m2: Prezo: pasa dos 100.765,03 euros de antes aos 79.234,04 euros de agora. Aforro: máis de 21.500 euros.

2ºD: 2 dormitorios,60,71 m2. Prezo: pasa dos 107.682,54 euros de antes aos 84.673,45 euros de agora. Aforro: máis de 23.000 euros.

1ºB: 3 dormitorios,116,55 m2. Prezo: pasa dos 206.727,07 euros de antes aos 162.554,62 euros de agora. Aforro: máis de 44.000 euros.

1ºC: 2 dormitorios,65,68 m2. Prezo: pasa dos 116.497,93 euros aos 91.605,21 euros de agora. Aforro: máis de 24.600 euros.

2ºE: 2 dormitorios,73,14 m2. Prezo: pasa dos 129.729,88 euros aos 102.009,82 euros de agora. Aforro: máis de 27.700 euros.

Vivenda F: 2 dormitorios,65,56 m2. Prezo: pasa dos 116.285,08 euros aos 91.437,84 euros de agora. Aforro: máis de 24.800 euros.

Canellón do Estreito, 12 (2 vivendas):

1ºA: 1 dormitorio,62,75 m2. Prezo: pasa dos 111.300,93 euros aos 87.518,68 euros de agora. Aforro: máis de 23.700 euros.

1ºB: 2 dormitorios,92,57 m2. Prezo: pasa dos 164.193,26 euros aos 129.109,23 euros de agora. Aforro: máis de 35.000 euros.

Ferrería 33-35 (4 vivendas):

1ºA: 1 dormitorio,47,25 m2. Prezo: pasa dos 88.808,27euros aos 65.900,52 euros de agora. Aforro: más de 22.900 euros.

1ºB: 1 dormitorio,46,85 m2. Prezo: pasa dos 83.098,78 euros aos 65.342,63 euros de agora. Aforro: máis de 17.700 euros.

2ºA: 3 dormitorios,88,35 m2. Prezo: pasa dos 156.708,16 euros aos 123.223,51 euros de agora. Aforro: máis de 33.400 euros.

2ªB: 3 dormitorios,84,28 m2. Prezo: pasa dos 149.489,12 euros aos 117.547,00 euros de agora. Aforro: máis de 31.900 euros.

Locais comerciais

Así mesmo, Bravo Bosch lembrou que segue aberto o prazo para poder alugar un dos 8 locais comerciais rehabilitados polo organismo. Ata o vindeiro 22 de xullo os emprendedores poden presentar as súas ofertas de novos proxectos empresariais, xunto coa a documentación perceptiva na oficina do CCVV, ubicada na Praza da Princesa número 7, 1º dereita ou tamén a través do correo postal no prazo establecido.

Con respecto aos locais, o CCVV pon no mercado a través de concurso público na parte alta do barrio histórico, 8 baixos nas rúas Ferraría (números 11, 25, 27, 29, 31 e 33), San Sebastián (número 8) e Abeleira Menéndez, 24. En todos eles o organismo ofrece importantes vantaxes e bonificacións  durante os dous primeiros anos, xa que se aplica un 50% de desconto para facilitar así a chegada dos emprendedores.

Os baixos dispoñibles e rehabilitados polo CCVV contan con superficies que van entre28,06 m2e98,80 m2, mentres que os prezos dos mesmos durante os dous primeiros anos van dende 160,02 euros ao mes a 514,91 euros ao mes. Ademais, os contratos terán unha duración máxima de 5 anos, cunha opción de compravenda transcorrido un ano dende o efectivo desenvolvemento da actividade empresarial. Os interesados poden obter máis información na web do CCVV.

Os 8 locais comerciais dispoñibles son:

– Ferraría, 11: 98,80 m2.

Renda anual: 12.357,72 euros.

Renda mensual os dous primeiros anos: 514,91 euros (1.029,81 euros despois).

– Ferraría, 25: 59,25 m2.

Renda anual: 6.373,56 euros.

Renda mensual os dous primeiros anos: 265,57 euros (531,13 euros despois).

– Ferraría, 27: 60,08 m2.

Renda anual: 4.536,24 euros.

Renda mensual os dous primeiros anos: 189,01 euros (378,02 euros despois).

– Ferraría, 29: 67,67 m2.

Renda anual: 7.253,76 euros.

Renda mensual os dous primeiros anos: 302,24 euros (604,48 euros despois).

– Ferraría, 31: 33,21 m2.

Renda anual: 3.840,40 euros.

Renda mensual os dous primeiros anos: 160,02 euros (320,03 euros despois).

– Ferraría, 33: 52,95 m2.

Renda anual: 6.183,96 euros.

Renda mensual os dous primeiros anos: 257,67 euros (515,33 euros despois).

– San Sebastián, 8: 28,06 m2.

Renda anual:  3.915,84 euros.

Renda mensual os dous primeiros anos: 163,16 euros (326,32 euros despois).

– Abeleira Menéndez, 24: 32,07 m2.

Renda anual: 5.616.60 euros.

Renda mensual os dous primeiros anos: 234,03 euros (468,05 euros despois).

 


Facebook