O CCVV inicia en xuño a rehabilitación de Ferraría 33-35, que porá no mercado catro vivendas e un local comercial

  • O Comité Executivo celebrado hoxe aprobou á contratación definitiva das obras de recuperación de dous edificios da rúa Ferraría por un importe de 466.203,70 euros (sen IVE) e que foron adxudicadas á empresa Dicsa. O inmoble reformado poderá estar listo durante a primavera do vindeiro ano.
  • A actuación do organismo nesta nova promoción permitirá poñer no mercado outras catro vivendas de protección autonómica (VPA) dun e tres dormitorios –dous pisos serán dúplex-, cunhas superficies que están entre 47,25 metros cadrados e 88,35 metros cadrados. Os prezos oscilan entre 83.808,27 euros o máis barato e 156.708,16 euros o máis caro.

Vigo, 31 de maio de 2012.-  O Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) iniciará este mes de xuño a rehabilitación do inmoble Ferraría 33-35 coa que porá no mercado outras catro vivendas de protección autonómica (VPA) e un local comercial. A previsión é que os pisos poidan estar listos durante a primaveira do vindeiro ano.

O organismo –participado nun 90% pola Xunta e nun 10% polo Concello- aprobou hoxe, no transcurso da reunión do seu Comité Executivo, a adxudicación definitiva das obras de Ferraría 33-35 á empresa Dicsa. O importe de adxudicación das obras de rehabilitación ascende a un total de 466.203,70 euros (sen IVE). Na actualidade, xa se baleirou o interior dos dous edificios que se atopan nun estado total de ruína e abandono.

 Da actuación do organismo sairán outros catro pisos de protección autonómica dun e tres dormitorios –dous deles serán dúplex-, cunhas superficies que están entre 47,25 metros cadrados e 88,35 m2. Os prezos oscilan entre 83.808,27 euros o máis barato e 156.708,16 euros o máis caro.

Xunto a estes catro pisos, o CCVV tamén rehabilitará na parte baixa do inmoble un local comercial de 52,95 metros cadrados.

Facebook