O CCVV entrega as chaves doutras 4 VPA, 3 delas do último sorteo do IGVS e 1 máis mediante adxudicación directa

  • A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch, entregou hoxe as chaves aos propietarios doutras 4 Vivendas de Protección Autonómica (VPA) rehabilitadas polo organismo. 3 delas pertencen ao sorteo de 12 Vivendas PA que realizou o pasado mes de setembro o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), mentres que a outra correspóndese cunha fase anterior.

  • Trátase de 1 vivenda de 3 dormitorios -dúplex-, 2 vivendas de 2 dormitorios –unha delas tamén é un dúplex- e 1 máis de 1 dormitorio, e contan con superficies que van desde os 61,40 m2 aos 116,55 m2. O prezo da máis barata é de 85.635,81 euros (sen IVE) e a máis cara de 162.554,62 euros (sen IVE). Grazas a decisión adoptada polo CCVV de rebaixar o custe das vivendas para facilitar aínda máis a chegada das novas familias ao barrio, o aforro máis importante desta entrega ascende a máis de 44.000 euros. No seu conxunto, as 4 vivendas entregadas hoxe teñen un aforro medio duns 35.000 euros.

  • Os pisos que xa teñen novos propietarios entregáronse este venres durante un acto celebrado nunha notaría da nosa cidade, tras as correspondentes firmas das súas hipotecas e das súas escrituras. Estes foron 3 pisos da promoción Ferrería 25-27-29-31 (1ºB, 1ºC e vivenda F) e outro máis do cuarteirón Ferrería-San Sebastián (1ºB).

Vigo, 27 de decembro de 2013-. A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch, entregou hoxe as chaves doutras 4 Vivendas de Protección Autonómica (VPA) rehabilitadas polo organismo, 3 delas pertencentes ao último sorteo de 12 pisos celebrado polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) en Vigo -o pasado 17 de setembro- e unha máis correspondente á unha fase anterior, logo de superarse os prazos establecidos e mediante adxudicación directa.

O acto para a firma das hipotecas e das escrituras destes 4 novos pisos postos no mercado polo CCVV –participado nun 90% pola Xunta en un 10% polo Concello- celebrouse este venres nunha notaría da nosa cidade, na que Bravo Bosch aproveitou para agradecer a cada novo propietario a súa aposta decidida para residir na zona vella. Para cando remate o proceso actual aberto de adxudicación das 12 VPA sorteadas en Setembro, serán unhas 60 as familias que xa residirán no barrio desde que o organismo comezara a oferta de vivendas rehabilitadas e recuperadas no Casco Vello, no ano 2011.

Con respecto as 4 VPA entregadas, 1 delas ten 3 dormitorios (dúplex), outras 2 teñen 2 dormitorios –unha delas é tamén un dúplex- e a outra vivenda ten 1 dormitorio. As mesmas contan con superficies que van desde os 61,40 m2 aos 116,55 m2. O prezo do piso máis barato é de 85.635,81 euros (sen IVE) e o más caro de 162.554,62 euros (sen IVE).

Grazas a decisión adoptada polo Consello de Administración do CCVV no ano 2013 de rebaixar o custo das vivendas para facilitar aínda máis a chegada das novas familias ao barrio nos actuais tempos de crise, o aforro máis importante nesta entrega de hoxe dun dos pisos ascende a máis de 44.000 euros. No seu conxunto, as 4 vivendas entregadas hoxe teñen un aforro medio duns 35.000 euros. O prezo fixado do metro cadrado útil dos pisos rehabilitados polo organismo é agora de 1.394,72 euros/m2, fronte aos 1.773,72 euros/m2 de antes.

4 VPA entregadas hoxe

Ferrería 25-27-29-31 (3 pisos):

-1ºB (dúplex): 3 dormitorios e superficie útil de 116,55 m2.

Prezo: 162.554,62 euros (sen IVE)

Prezo anterior: 206.727,07 (sen IVE)

Aforro para o adxudicatario tras a rebaixa: máis de 44.000 euros.

-1º C: 2 dormitorios e superficie útil 65,68 m2.

Prezo: 91.605,21 euros (sen IVE)

Prezo anterior: 116.497,93 euros (sen IVE)

Aforro para o adxudicatario tras a rebaixa: máis de 24.600 euros.

-Vivenda F (dúplex): 2 dormitorios e superficie útil de 65,56 m2.

Prezo: 91.437,84 euros (sen IVE)

Prezo anterior: 116.285,08 euros (sen IVE)

Aforro para o adxudicatario tras a rebaixa: máis de 24.800 euros.

Cuarteirón Ferrería-San Sebastián: Ferrería 11-13-15-17/San Sebastián 1-3-5-7 (1 piso):

-1ºB: 1 dormitorio e superficie útil 61,40 m2.

Prezo: 85.635,81 euros (sen IVE)

Prezo anterior: 108.906,41 euros (sen IVE)

Aforro para o adxudicatario tras a rebaixa: más de 23.200 euros.

Na actualidade, o CCVV segue adiante co proceso aberto de adxudicación das restantes 9 VPA sorteadas polo IGVS e que se atopan nas promocións Ferraría 25-27-29-31 (3 vivendas), Canellón do Estreito, 12 (2 vivendas) e Ferraría 33-35 (4 vivendas). Tamén poden adxudicarse outras 5 VPA baleiras de forma directa e que se atopan en Ferrería 11-13-15-17/San Sebastián 1-3-5-7 (4 pisos) e Santiago, 19 (1 piso).

O requisito para poder acceder tanto aos pisos mediante adxudicación directa e como nos sorteos futuros do IGVS é estar inscrito no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta de Galicia no apartado de Vivenda de Promoción Privada de Réxime Concertado, na casiña de compra.

Ata o de agora, o CCVV adquiriu 64 inmobles, dos cales 36 xa foron totalmente rehabilitados, o que se traduce na consecución de 21 locais comerciais e 81 vivendas -64 para venda, 12 para aluguer e 5 para realoxos-. Na actualidade hai 4 inmobles cuxas rehabilitacións están en execución, para dar lugar a 10 vivendas e 2 locais comerciais.

Facebook