O CCVV da o salto ás redes sociais e xa está presente en Facebook, Twitter e a través do seu propio blog

  • O Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) apúntase ás novas tecnoloxías con páxina oficial en Facebook e conta en Twitter, así coma un blog propio, ferramentas coas que quere achegarse aínda máis á cidadanía a través dos medios online.
  • O idioma elixido para a comunicación tanto no Facebook coma no Twitter é, en primeiro lugar, o galego e, no segundo, o castelán para tratar de conectar con usuarios no só da nosa comunidade autónoma senón do resto do Estado. En canto ao blog do organismo, preséntase integramente en galego.
  • A través destes tres novos soportes dixitais o CCVV pretende estar máis preto do día a día dos internautas e que estes coñezan o traballo de recuperación integral do barrio histórico que lidera o organismo dende a súa creación no ano 2005.

Vigo, 5 de outubro de 2013.- O Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) ven de dar o salto ás novas tecnoloxías e, dende hai uns días, xa está presente nas redes sociais contando con páxina oficial no Facebook (https://www.facebook.com/ConsorcioCCVV), conta oficial en Twitter (https://twitter.com/ConsorcioCCVV) e contar tamén cun blog propio (https://consorciocascovellodevigo.wordpress.com/). A través destas tres ferramentas dixitais, o organismo, participado nun 90% pola Xunta de Galicia en un 10% polo Concello de Vigo, quere achegarse aínda máis á cidadanía nun tempo no que os soportes sociais convértense no centro da vida online.

Tras a creación no seu momento da páxina web do CCVV (www.consorciocascovellovigo.org), que segue a ser unha boa forma de comunicación, na actualidade faise máis necesario que nunca estar alí onde están os internautas e onde máis tempo pasan: nas redes sociais. Deste xeito, o Consorcio pretende achegarse aínda máis aos cidadáns a través dos medios online.

Tanto a páxina oficial de Facebook coma a conta oficial de Twitter do organismo utilizará para a súa comunicación, en primeiro lugar, o idioma galego e, no segundo, o castelán para tratar de conectar con usuarios no só da nos comunidade autónoma senón tamén do resto do Estado. En canto ao blog, xa operativo tamén, será integramente en galego.

A partires de agora, o CCVV servirase destes novos soportes sociais para estar máis preto do día a día dos internautas e que estes coñezan o traballo de recuperación integral do barrio histórico que lidera o organismo dende a súa creación no ano 2005. Ademais, haberá información das cuestións relacionadas co Casco Vello, o corazón da nosa cidade, que poden ser interesantes para o conxunto da cidadanía.

Co salto ás redes sociais preténdese tamén que o CCVV convértase tamén na referencia na rede asociada á calidade de vida da zona histórica.

O seguimento ao organismo pode facerse a través de:

Facebook: https://www.facebook.com/ConsorcioCCVV

Twitter: https://twitter.com/ConsorcioCCVV

Blog: https://consorciocascovellodevigo.wordpress.com/

Facebook