O CCVV comeza a entrega das chaves das 18 Vivendas de Protección Autonómica, sorteadas no mes de xullo

  • A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch,entregou hoxe as chaves aos 9 novos adxudicatarios dos últimos 18 pisos rehabilitados polo organismo logo de formalizar as súas hipotecas e as escrituras de compravenda.
  • Co asentamento de ditos adxudicatarios, xa serán 42as novas familias que xa están a residir no barrio antigo amosando así que a verdadeira recuperación da zona histórica é unha realidade. Co acto celebrado esta mañá nunha notaría da nosa cidade, segue a chegada ao barrio histórico das familias. Ata hoxe, xa foron sorteadas 52 pisos de protección.
  • Dita terceira fase (18 VPA) corresponde ás 3 promocións seguintes: Ferraría 11-13-17-19-San Sebastián 3-5-7 (9 pisos), San Sebastián 8-12-14 (4 pisos) e Hortas 10-12 (5 pisos). As chaves entregadas hoxe foron 3 vivendas de Ferrería 11-13-17-19, outras 4 de Hortas 10-12 e 2 máis de San Sebastián 8-12-14. Os prezos dos inmobles entregados oscilan entre os preto de 106.000€ (sen IVE) do máis barato e os preto de 200.000€ (sen IVE) do más caro. É a primeira vez que o CCVV pon pisos con 3 dormitorios.
  • Nos vindeiros meses haberá unha cuarta fase e sortearanse outras 6 VPA ubicadas en Ferraría 25-27-29-3. As mesmas poderán solicitalas os inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta, no réxime de Vivenda de Promoción Privada de Réxime Concertado no apartado de compra.

Vigo, 28 de decembro de 2012.- A delegada territorial da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch, entregou hoxe as chaves aos 9 novos adxudicatarios dos últimos 18 pisos rehabilitados polo organismo logo de formalizar as súas hipotecas e as escrituras de compravenda. Trátase das primeiras novas familias que residirán no barrio histórico, tras o último sorteo de 18 Vivendas de Protección Autonómica (VPA) realizado o pasado 2 de xullo polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS).

Co asentamento de ditos adxudicatarios, serán 42as novas familias que xa están a residir no barrio antigo amosando así que a verdadeira recuperación da zona histórica é unha realidade cada vez más habitual. 

Tras o acto celebrado esta mañá nunha notaría da nosa cidade, a presidenta do CCVV recordou que segue a chegada ao barrio histórico das familias. Neste caso trátase dos beneficiarios da terceira fase de VPA rehabilitadas polo organismo. Ata hoxe, xa foron sorteados 52 pisos de protección autonómica, dos cales 42 foron entregados.

O inicio de entrega dos pisos desta terceira fase (18 VPA) corresponde ás 3 promocións seguintes: Ferraría 11-13-17-19-San Sebastián 3-5-7 (9 pisos), San Sebastián 8-12-14 (4 pisos) e Hortas 10-12 (5 pisos). As chaves que entregou Bravo Bosch foron 3 vivendas de Ferrería 11-13-17-19, outras 4 de Hortas 10-12 e 2 máis de San Sebastián 8-12-14. Os prezos dos inmobles xa vendidos oscilan entre os máis de 105.000€ (sen IVE) do máis barato e os preto de 200.000€ (sen IVE) do más caro. É a primeira vez que o CCVV -participado nun 90% pola Xunta e no 10% restante polo Concello de Vigo- pon pisos con 3 dormitorios.

Nos vindeiros meses haberá unha cuarta fase e sortearanse outras 6 VPA ubicadas en Ferraría 25-27-29-3. As mesmas poderán solicitalas os inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta, no réxime de Vivenda de Promoción Privada de Réxime Concertado no apartado de compra. Asemade, é fundamental a solicitude concreta para participar no sorteo posterior mediante escrito dirixido ao rexistro e cuxo modelo poden atopar na páxina web do IGVS ou na Delegación Territorial deste organismo. 

Características das VPA As 18 vivendas correspondentes á terceira fase de adxudicación –9 delas entregadas hoxe- son as seguintes:

-Ferraría 11-13-15-San Sebastián 1- 3-5-7:

9 vivendas: 4 dun dormitorio, 3 de 2 dormitorios e 2 de 3 dormitorios. As superficies van dende os 56,60 m2 e 108,90 m2 e os prezos oscilan entre os 100.392,55 euros e os 193.158,11 euros.

-Hortas 10-12:

5 vivendas: 3 de 2 dormitorios e 2 dun dormitorio. As superficies van dende os 66,67 m2 e 107,89 m2 e os prezos oscilan entre os 118.253,91 euros e os 191.366,65 euros.

-San Sebastián 8-12-14:

4 vivendas: 2 dun dormitorio+rocho e 2 de 2 dormitorios+rocho. As superficies van dende os 43,49 m2 e os 75,52 m2 e os prezos oscilan entre os 77.139,08 euros e os 133.951,33 euros. 

Con respecto á cuarta fase doutras 6 vivendas que serán sorteadas nas vindeiras datas serán:

-Ferraría 25-27-29-31:

6 vivendas: 5 de 2 dormitorios e 1 dúplex con 3 dormitorios. As superficies van dende os 56,81 m2 e os 116,55 m2 e os prezos oscilan entre os 100.765,03 euros e os 206.727,07 euros.

Facebook