O CCVV anima aos empresarios a apostar polo barrio histórico e sumarse á súa recuperación

  • A presidenta do organismo, María José Bravo Bosch, acompañada polo xerente do CCVV, Alfonso Ramos, interveu hoxe no Foro de Urbanismo e Infraestruturas (FUI) do Círculo de Empresarios de Galicia-CFV, no que participaron máis de trinta persoas
  • O encontro serviu para plantexar posibles fórmulas de colaboración entre os empresarios e o organismo co obxectivo de seguir dinamizando unha zona onde a chegada de novas familias, novos emprendedores e distintas Administracións públicas conseguiron xa un cambio no corazón da nosa cidade

Vigo, 10 de abril de 2014.- A delegada territorial da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch, interveu hoxe no Foro de Urbanismo e Infraestruturas (FUI) do Círculo de Empresarios de Galicia-CFV. Acompañada polo xerente do CCVV, Alfonso Ramos, o Consorcio animou aos empresarios asistentes a apostar polo barrio histórico e sumarse así á súa recuperación.

Ante máis de trinta persoas, Bravo Bosch sinalou que o organismo “está aberto” á posibles fórmulas de colaboración entre o sector dos empresarios e o organismo para seguir dinamizando tanto a parte alta coma a baixa do Casco Vello. Os empresarios presentes no foro mostrarónse moi receptivos a posibles liñas de colaboración co CCVV.

Así mesmo, a presidenta do organismo –participado nun 90% pola Xunta e nun 10% polo Concello- lembrou a necesidade de que tanto as Administracións como as distintas institucións seguan apostando polo barrio como xa o fixeron a Asociación de Pontevedra de Empresarios e Construtores (APEC), os Rexistradores da Propiedade ou a Administración de Xustiza co traslado do Servizo de Notificacións e Embargos.

Facebook