Máis dun cento de persoas se interesaron nos locais comerciais rehabilitados polo organismo e presentes na Feira Franquiatlántico

  •  O Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) estivo presente este sábado e domingo cun espazo expositivo propio na feira dedicada ao sector da franquicia que se celebrou no Auditorio Mar de Vigo e que reuniu a numeroso público.
  • Persoal do organismo informou aos interesados da oferta actual de 12 locais dispoñibles nas rúas Real, Abeleira Menéndez, Ferrería e San Sebastián con superficies que oscilan entre 98,80 metros cadrados e 28,06 m2.
  • A bonificación do 50% do seu importe durante os dous primeiros anos de arrendamento e o emprazamento en pleno barrio histórico dos baixos foron as cuestións máis valoradas por parte das persoas que se achegaron ata o stand.
  • A franquicia pode ser unha boa opción para que os novos emprendedores presenten os seus proxectos empresariais e os abran nos locais dispoñibles.

Vigo, 25 de febreiro de 2013.- O Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) participou esta fin de semana na celebración da XIII edición da Feira Franquiatlántico, onde ofreceu información da súa oferta actual de locais comerciais para á chegada de novos emprendedores. Máis dun cento de persoas se interesaron nos baixos que o organismo ten actualmente dispoñibles nas rúas Abeleira Menéndez, Real, Cruz Verde e Ferraría e recoñeceron os esforzos do Consorcio na recuperación do barrio histórico.

Dende o seu propio espazo expositivo, o persoal do CCVV –participado nun 90% pola Xunta de Galicia e nun 10% polo Concello de Vigo- repartiu folletos con toda a documentación requerida para poder optar a algún deles e detallou de xeito pormenorizado á filosofía do organismo para instalar novas actividades empresariais que axuden a dinamizar o barrio. “Foi todo un éxito de público e estamos moi satisfeitos coa resposta que nos deu a xente que se achegou ata o noso stand”, valorou a delegada da Xunta e presidenta do Consorcio, María José Bravo Bosch.

A maioría dos interesados nos locais comerciais valoraron como moi positivo a bonificación do 50% do seu importe durante os dous primeiros anos de arrendamento, así coma o emprazamento en pleno barrio histórico dos baixos.

Coa súa presenza durante o sábado e o domingo na feira, o organismo invitou aos futuros emprendedores a emprazar o seu establecemento comercial nalgún dos 12 locais comerciais que están rehabilitados no barrio histórico cunhas inmellorables condicións en réxime de aluguer. Tamén foi unha boa oportunidade para abundar na posibilidade que poden ter coa presentación de novos proxectos empresarias a través da franquicia.

Na actualidade, o organismo conta cun total de 12 locais comerciais nos baixos dos inmobles rehabilitados polo CCVV nas rúas Real, Abeleira Menéndez, Ferrería e San Sebastián. As súas superficies oscilan entre 98,80 metros cadrados e 28,06 m2 e os prezos de aluguer, segundo os valores de taxación e en función da superficie de cada un deles, van entre os 500 e os 150 euros ao mes.

Os emprendedores interesados deben presentar proxectos empresariais acordes coa filosofía de rehabilitación do Consorcio e sempre co fin de preservar a convivencia cidadá. Ademais se beneficiarán, durante os dos primeiros anos de arrendamento, dunha bonificación do 50% do seu importe. A maiores, os contratos terán unha duración máxima de 5 anos, cunha opción de compravenda transcorrido un ano dende o efectivo desenvolvemento da actividade empresarial.

Características dos baixos comerciais dispoñibles

-Real, 25: superficie 72, 17 m2 e prezo 295,89 euros

-Abeleira Menéndez 18-20: superficie 55,18 m2 e prezo 226,23 euros

-Cruz Verde, 5, baixo esda: superficie 46,10 m2 e prezo 226,23 euros

-Cruz Verde, 5, baixo dta; superficie 54,70 m2 + 13, 20 m2 e prezo 224,27 euros

-Ferrería, 11: superficie 98,80 m2 e prezo 514,91 euros

-Ferrería, 25: superficie 59,25 m2 e prezo 265,57 euros

-Ferrería,27: superficie 60,08 m2 e prezo 283,71 euros

-Ferrería,29: superficie 67,67 m2 e prezo 302,24 euros

-Ferrería,31: superficie 33,21 m2 e prezo 159,60 euros

-Ferrería,33: superficie 52,95 m2 e prezo 257,67 euros

-San Sebastián, 8: superficie 28,06 m2 e prezo 163,16 euros

-Abeleira Menéndez, 24: superficie 32,07 m2 e prezo 234,03 euros

Con actividade empresarial Ademais, e dentro do plan de locais comerciais do CCVV, xa están alugados e en pleno funcionamento 5 locais nas rúa Abeleira Menéndez e Santiago. Na primeira rúa xa abriu A Tenda de Avó (unha tenda de produtos de proximidade, de produtos da terra); unha galería de arte e fotografía rexentada por Javier Teniente así coma A horta no prato (un establecemento de alimentos frescos e exóticos). Mentres, na segunda está o estudo de arquitectura Torrado Fernández e Oruga Express (unha tenda de fotografía).

Tamén están adxudicados outros 2 locais máis e pendentes de abrir. Trátase dun centro de artesanía e produtos de cercanía en Abeleira Menéndez, 24 (adxudicado a Espazo Horta Urbana) e unha editorial enfocada á poesía, narrativa e artes plásticas na rúa Santiago 11-13-15-17 (esquerda), que será rexentada por Mundo Detrás do Marco S.L.

 

Facebook