Lucía Molares entrega as chaves doutras catro vivendas, co que xa son 23 as novas familias que residen no barrio antigo

  • Lucía Molares presidiu hoxe ante notario a formalización das escrituras da venda doutras catro Vivendas de Protección Autonómica (VPA) correspondentes ás promocións das rúas Abeleira Menéndez 18-20 (2º), Abeleira Menéndez 24-26 (2ºA), Santiago 11-13-15-17 (2º C) e Cruz Verde, 5 (3ºA)
  • Os catro pisos entregados esta mañá teñen uns prezos que van dende os 75.578,05 euros o máis barato ata os 145.356,35 euros o máis caro, dous son de dous dormitorios e outros dous dun dormitorio
  • A presidenta do CCVV agradeceu aos xa novos propietarios das catro VPA a súa aposta por elixir o Casco Vello para vivir e que se atopa nun proceso integral de recuperación liderado polo organismo

Vigo, 12 de decembro de 2011.- A delegada territorial da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Lucía Molares, entregou hoxe as chaves doutros catro pisos rehabilitados polo organismo co que xa son 23 as novas familias que residen no barrio histórico e que foron as adxudicatarias dos distintos sorteos levados a cabo polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) para poñer no mercado un total de 34 Vivendas de Protección Autonómica (VPA).  

Trátase doutros catro pisos ubicados nas promocións das rúas Abeleira Menéndez 18-20 (2º),  Abeleira Menéndez 24-26 (2ºA), Santiago 11-13-15-17 (2º C) e Cruz Verde, 5 (3ºA). Os prezos destas vivendas van dende os 75.578,05 euros a máis barata ata os 145.356,35 euros a máis cara e dúas delas contan cun dormitorios e otras dúas con dous dormitorios. Das 34 VPA xa sorteadas, só quedan por formalizar e entregar 11 delas.

Cando remate o proceso, o CCVV poría no mercado 34 VPA en duas fases distintas. Unha  primera fase con 19 VPA ubicadas nas rúas Real, 16 (tres pisos), Santiago, 19 (un piso), Santiago 11-13-15-17 (oito pisos), Abeleira Menéndez, 11 (un piso) e Abeleira Menéndez 13-15 (seis pisos) e unha segunda fase con 15 VPA emprazadas nas rúas Abeleira Menéndez 18-20 (catro pisos), Abeleira Menéndez 24-26 (cinco pisos) e Cruz Verde, 5 (seis pisos).

Na actualidade, o organismo -participado nun 90% pola Xunta e nun 10% polo Concello de Vigo-segue rehabilitando inmobles totalmente abandonas, sobre todo, na parte alta do Casco Vello por ser a zona máis degradada. Alí xa está a actuar en 20 inmobles que ata o de agora estaban en ruínas e que posibilitarán a creación doutras 34 novas VPA e 9 locais comerciais. 

As obras xa en marcha son as relativas ás promocións das rúas Ferrería 25-27-29-31; ao cuarteirón Castelo-San Sebastián (Hortas 10-12, San Sebastián 8-12-14 e Subida ao Castelo 5-7 e San Sebastián 4-6) e ao cuarteirón Ferrería-San Sebastián (que corresponde aos números 11,13,17,19 da rúa Ferrería e 3,5,7 de San Sebastián). Estas actuacións de recuperación de inmobles supoñen un investimento superior aos 3 millóns de euros e a previsión é que os traballos de rehabilitación estean rematados ao longo do vindeiro ano 2012.

A recuperación da parte alta do Casco Vello non quedará aí e nos vindeiros meses haberá avances en novos proxectos de recuperación do barrio antigo.

Logo da formalización das escrituras e das hipotecas, a presidenta do CCVV agradeceu aos xa novos propietarios das catro VPA a súa aposta por elixir o Casco Vello para vivir e que se atopa nun proceso integral de recuperación liderado polo ente dende a súa creación hai agora seis anos.

Facebook