López-Chaves visita os últimos cinco locais ofrecidos en aluguer no Casco Vello

  • Un estudo de arquitectura, unha enxeñería, unha academía infantil, a Fundación Amigos dos Maiores e un taller de costura son os novos locais comerciais da zona alta do Casco Vello.
  • López-Chaves destacou que o obxectivo do Consorcio é “revitalizar” o casco histórico da cidade con novas familias e tamén con actividades profesionais
  • O delegado territorial da Xunta recordou o investimento de máis 2 millóns de euros que destinará o Consorcio este ano para os novos proxectos
  • Os novos emprendedores destacaron as vantaxes dos locais comerciais ofrecidos polo Consorcio así como a súa privilexiada situación

 

Un momento da visita á empresa Bertana Ingeniería.

Vigo, 11 de xullo de 2016.- O delegado territorial da Xunta e presidente do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Ignacio López-Chaves, visitou esta mañá os últimos locais comerciais rehabilitados polo Consorcio do Casco Vello de Vigo (CCVV) que se ofrecen en aluguer a novos emprendedores. Actualmente o Consorcio dispón de 24 locais comerciais, dos cales, 22 xa contan con actividade empresarial e 2 están dispoñibles pero xa en trámites de adxudicación. Os baixos comerciais se ofrecen en réxime de aluguer cunha bonificación nos dous primeiros anos que chega ao 50% do prezo.

O delegado da Xunta destacou que o obxectivo do CCVV é “revitalizar” o casco histórico da cidade. Para iso, sinalou, é preciso “recuperar e rehabilitar” os inmobles non so para vivendas de familias senón tamén “para actividades profesionais”. Recordou que o organismo -participado nun 90% pola Xunta e nun 10% polo Concello- vén de adquirir un novo inmoble e que este ano se investirán máis de 2 millóns de euros en obras en execución, novos traballos que están en proxecto e a nova adquisición en Cruz Verde.

López-Chaves cos arquitectos Ana López e Antonio Oliveira.

Na visita de hoxe López-Chaves fixo parada en primeiro lugar no novo estudio de arquitectura de 62m2 localizado en San Sebastián 26 e que ten previsto abrir en setembro. Os arquitectos Ana López e Antonio Oliveira veñen de traballar en Canadá e queren establecerse en Galicia, tendo como base a zona histórica de Vigo. Ambos arquitectos amosáronse moi ilusionados con este novo proxecto que, segundo explicaron, buscará priorizar a construción sostible, en madeira, a bioconstrución e a construción con recursos naturais xa que “é o futuro”. Os arquitectos admitiron que elixiron o local polas vantaxes ofrecidas polo Consorcio e porque o Casco Vello é un lugar moi especial da cidade pola súa historia e que serve tamén como un “bo escaparate”.

O segundo local visitado polo presidente do CCVV foi o de San Sebastián 6, ocupado pola empresa Bertana Ingeniería desde decembro do pasado ano. Trátase dunha oficina técnica onde traballan normalmente entre tres e catro persoas. Raúl Tomé e a súa socia, que decidiran trasladar a oficina, sentíanse encantados coa nova localización. Explicaron que supón unha mellora na súa “calidade de vida” e que se adapta mellor as necesidades actuais da súa empresa.

No local da Fundación Amigos dos Maiores.

Os últimos locais visitados foron unha academia infantil localizada en San Sebastián 4 e a fundación Amigos dos Maiores en Ferrería 33 e un taller de costura en Ferrería 5. O primeiro local xa está rematado e Ana Belén, a impulsora do centro, xa está a piques de impartir a docencia. Como outros responsables dos locais comerciais destacou o agradable ambiente da zona para traballar, a tranquilidade e o bo clima. Os responsables de Amigos dos Maiores están a re

11072016_Deleg_AcademiaInfantil

San Sebastián 4 aloxará unha academia infantil.

matar a súa posta en marcha. Trátase dunha oficina de xestión para a asociación que pretende establecer unha sede na cidade. O local conta con 53m2 e esperan telo amoblado e acondicionado para comezar a súa actividade nunhas poucas semanas. Por último, a nova actividade profesional que se asentará no barrio é un taller de costura que abrirá as súas portas no número 5 da rúa Ferrería unha vez estean rematadas as obras de acondicionamento do local comercial de 34,70m2.

 

 

O novo Casco Vello de Vigo

Facebook

Twitter