“Ferrería 45-47” , conservar para actualizarse

 

Finalizadas as fases de derriba e consolidación de elementos estruturais a respectar, as obras da promoción “Ferrería 45-47” que o Consorcio CascoVello de Vigo realiza nesta emblemática rúa  proseguen a bo ritmo. O obxectivo é finalizar esta actuación, que supón un investimento de 670.000 €, a finais de este mesmo ano.

A rehabilitación supón unha actuación integral e conxunta sobre ambas as propiedades adquiridas polo Consorcio, e terá como resultado a creación de dúas vivendas dunha habitación, unha de dúas habitacións e un duplex de tres, cunhas superficies que oscilan entre os 56,65 m 2 da menor das vivendas  e os 119,65 m2 do dúplex. Tamén contará cun baixo  comercial de 63,60 m2.

A actuación contempla a conservación das lareiras orixináis.

 

O proxecto da arquitecta Eva María Castro Alvarez contempla a existencia dun xardín posterior que proporcionará luminosidade ás residencias.  Como elemento distintivo da recuperación cabe destacar, como sinalou no acto de presentación da mesma o delegado territorial da Xunta de Galicia e presidente do Consorcio CascoVello, Ignacio López-Chaves,  a integración no conxunto das lareiras orixinais, conservadas en moi bo estado.

Esta intervención súmase ás xa moi numerosas realizadas na zona alta do CascoVello e realízase de forma case simultánea á que, a poucos metros, leva a cabo nos números 10 e 12 da rúa Ferrería. Proximamente, na mesma zona, poñerase en marcha a promoción “Subida ao Castelo 12”, que se atopa nestes momentos na fase de adxudicación das obras.

O novo Casco Vello de Vigo
 

Facebook

Twitter