CCVV e Abanca facilitan a financiación para a adquisición de vivendas rehabilitadas polo organismo

  • A presidenta do CCVV, María José Bravo Bosch, asinou hoxe a prórroga do convenio de colaboración co director territorial de Abanca en Vigo, JorgeMartínezMartínez, cunha oferta adaptada en produtos financeiros para potenciar o acceso e rehabilitación das vivendas rehabilitadas polo Consorcio
  • A duración deste convenio será dun ano, poñendo a disposición persoal especializado en xestión de segurospara coordinar as oportunas operacións financeirase que asesorarán das pólizas que mellor se adapten ás necesidades de cada adquirinte de vivendas do CCVV
  • O catálogo de produtos específicos inclúe produtos recentemente lanzados pola entidade financeira coma a Hipoteca Mari Carmen pero en condicións máis vantaxosas rebaixando o diferencial en 0,25 puntos
  • Deste convenio poderán beneficiarse os adxudicatarios das vindeiras 10 VPA ubicadas no Cuarteirón Castelo San Sebastián que serán sorteadas a comezos da primaverapolo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), que hoxe mesmo publica e inicia o procedemento para poder participar en dito sorteo.

Vigo, 12 de xaneiro de 2015.- A delegada territorial da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV),María José Bravo Bosch, e o director territorial de Abanca en Vigo, JorgeMartínezMartínez, rubricaron esta mañá a prórroga do convenio marco de colaboración para seguir facilitando a concesión de hipotecas aos adxudicatarios das Vivendas de Protección Autonómica (VPA) de prezo concertado rehabilitadas polo organismo. Deste xeito, refórzase a súa colaboración a través dun novo documento que facilita alternativas atractivas de crédito a particulares que resulten adxudicatarios destas vivendas que o CCVV segue a poñer no mercado a día de hoxe.

Tras a sinatura do convenio, Bravo Bosch agradeceu a Abanca o seu interese por sumarse novamente a esta iniciativa da que xa se beneficiaron distintos adxudicatarios e que se renova xa por segunda vez. Precisamente, Abanca foi a primeira entidade financeira que quixo materializar coa entidade este convenio marco para facilitar a concesión de hipotecas aos adxudicatarios de vivendas do Consorcio amosando así a aposta que mantén a entidade financeira co acceso ao crédito de familias e particulares.

O organismo -participado nun 90% pola Xunta de Galicia e nun 10% polo Concello de Vigo- decidiu dar resposta á demanda dos propios adxudicatarios das vivendas que non o tiñan fácil á hora de conseguir as súas hipotecas.

Así, a través do documento asinado durante un acto celebrado esta mañá na Delegación Territorial da Xunta, Abanca comprométese a coordinar as oportunas operacións financeiras dos adxudicatarios e aportar os mecanismos de coordinación necesarios para que poidan acceder ao crédito sen problemas.

Neste senso, porá a disposiciónpersoal especializado en xestión de seguros, que asesorarán das pólizas que mellor se adapten ás necesidades de cada adquirinte de vivendas do CCVV.O convenio materializado ten unha duración dun ano, podendo ser prorrogado por idénticos períodos previo acordo das partes.

Características e vantaxes Coma explicou o director territorial de Abanca, este convenio pon o foco nas alternativas de financiamento, unha peza básica para permitir o acceso a vivendas e mellorar as condicións das actuais. Non en balde, a entidade financeira adquiriu desde a súa creación o compromiso de conceder crédito a familias e empresas.

Bravo Bosch fixo especial fincapé no feito de que os adxudicatarios de vivendas promovidas polo Consorcio optarán así a condicións melloradas nos préstamos. deste xeito, Abancaengade novos produtos en condicións máis vantaxosas das que se ofrecen ao resto dos cidadáns. As alternativas inclúen a Hipoteca Mari Carmen, un produto lanzado polo banco con sede en Galicia este pasado outono que elimina as comisións máis habituais e ofrece un dos diferenciais máis competitivos do mercadosendo aínda maior no caso deste convenio, cunhas condicións máis vantaxosas xa que se rebaixa o diferencial en 0,25 puntos.

Os futuros adquirintes tamén optarán a outros produtos de financiamento persoais e hipotecarios coma é o caso do Multicrédito 48 horas ou o Préstamo Hipotecario Fixo con atractivas condicións financeiras que facilitan a adquisición destas vivendas.

Ademais, para aqueles que decidan poñer en marcha melloras nestas vivendas, Abanca ofrece a maiores a opción de financiamento posta en marcha de xeito conxunto con todas as deputacións galegas, o Plan Activamos. Entre as modalidades existentes, inclúense partidas para reformas no fogar (mellora de eficiencia enerxética, uso de enerxías renovables e actuacións de accesibilidade) ou adquisición de equipamentos tecnolóxicos.

Inicio do procedemento de 10 novas vivendas no Cuarteirón Subida ao Castelo De dito documento asinado hoxe poderán beneficiarse os adxudicatarios das 10 novas VPA que sairán a sorteo proximamente por parte do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), e tamén todos os vigueses e viguesas que queiran mercar algúns dos pisos aínda baleiros e que poden ser adquiridos mediante adxudicación directa.

Neste senso, Bravo Bosch aproveitou para informar que o IGVS iniciou hoxe mesmo o procedemento para a adxudicación destas 10 vivendas protexidas de promoción privada e que, segundo as estimacións que se manexan, o sorteo público e ante notario terá lugar a comezos da primavera.

Dende hoxe, os interesados en participar neste proceso dispoñen de 15 días hábiles para solicitar a súa inclusión no procedemento de adxudicación. Para isto, poden atopar o modelo de solicitude da resolución de inicio do sorteo, na web do IGVS: http://igvs.xunta.es/web/actuamos/celebracions-sorteos-rexistro-demandantes

Os interesados en participar neste sorteo deben cumprir o requisito de estar inscritos a día de hoxe no Rexistro de Demandantes de Vivenda da Xunta de Galicia, no réxime de vivenda de prezoconcertado e na casiña de compra.

As vivendas para as que se inicia o procedemento de adxudicación son as seguintes:

Emprazamento

Características das vivendas

Prezo de

venda €

Subida ao Castelo 5

Planta baixa. 46,24 m2

67.048,00

Subida ao Castelo 5

1ª planta 67,66 m2

98.107,00

Subida ao Castelo 5

2º planta 68,20 m2

109.120,00

Subida ao Castelo 7

Planta baixa 46,24 m2

67.048,00

Subida ao Castelo 7

1ª planta. 67,66 m2

98.107,00

Subida ao Castelo 7

2ª planta 67,70 m2

108.320,00

San Sebastián 4

1ª planta 59,16 m2

85.782,00

San Sebastián 4

2ª planta 59,16 m2

94.656,00

San Sebastián 6

1ª planta 56,13 m2

81.388,50

San Sebastián 6

2ª planta 56,13 m2

89.808,00

Balance da actividade Na actualidade, o CCVV –participado nun 90% pola Xunta de Galicia e nun 10% polo Concello de Vigo- adquiriu un total de 70 inmobles, dos cales 40 xa foron totalmente rehabilitados, o que se traduce na consecución de 91 vivendas -74 para venda, 12 para aluguer e 5 para realoxos- e 23 locais comerciais -15 xa teñen actividade empresarial, 2 abrirán proximamente, outros 4 sairán a concurso e os outros 2 son os relativos á sede de APEC e ao novo Servizo de Notificacións e Embargos que abrirá nos vindeiros meses-.

Ademais, 10 inmobles foron transmitidos a outras institucións, incluíndo aquí, entre outros, os últimos 3 edificios da Ribeira do Berbés (números 11-13-15) onde a Universidade de Vigo construirá o seu Centro de Linguas, así coma os 4 inmobles adquiridos polo Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantís de España(Real, 29-31-33 e Alta, 26), onde recentemente levaron a cabo o seu traslado para iniciar así a súa actividade neste novo emprazamento.

En total, unhas 60 novas familias residen xa no Casco Vello desde que o organismo comezou a súa oferta de pisos rehabilitados hai agora catro anos.

Seguen adiante e a bo ritmo as obras de rehabilitación tanto de Ferrería 3-5-7 e San Sebastián 24-26 nas que o CCVV está a investir máis de un millón de euros e das que sairán outras 8 vivendas e 3 locais comerciais máis e neste momento están en proceso de licitación 4 edificios ubicados na rúa Ferrería, concretamente, nos números 10-12 e 45-47, dos que, logo da intervención prevista, se porán no mercado 6 novas Vivendas de Protección Autonómica (VPA) e 2 locais comerciais.

Facebook