Bravo Bosch visita o obrador de pan Trastrigo, o último negocio aberto grazas a oferta de baixos comerciais do CCVV

Bravo Bosch visita ao obrador de pan Trastrigo (I)

  • Emprazase no número 11 da emblemática Ferraría, e este novo local comezou a funcionar o pasado 28 de marzo, coincidindo coa Festa da Reconquista que encheu de vigueses as rúas do Casco Vello

  • Nas vindeiras semanas tamén abrirá as súas portas o despacho de pan de Real, 25, rexentado polos mesmos donos de Trastrigo, para así poder dar servizo tanto a parte baixa como a alta do barrio histórico

  • Xa son 17 os proxectos con actividade empresarial desde que comezou a oferta de locais comerciais do organismo. Na actualidade, o Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) ten aberto un novo concurso público para a adxudicación doutros 3 locais comerciais: San Sebastián, 4, San Sebastián, 6, e Cruz Verde, 5

Vigo, 29 de abril de 2015.- A delegada territorial da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch, realizou este mércores unha visita

ao obrador de pan Trastrigo, un dos últimos locais comerciais rehabilitados polo organismo aberto no barrio histórico, concretamente, no número 11 da Ferraría.

Acompañada polo xerente do CCVV, Alfonso Ramos, Bravo Bosch coñeceu de primeira man o obrador de pan artesanal e que rexenta un grupo de amigos e emprendedores. Precisamente, a presidenta do organismo agradeceulles a súa aposta conxunta polo Casco Vello nun momento o que a súa recuperación é máis que evidente.

Pero Trastrigo non so é o proxecto empresarial de Ferraría,11, senón tamén o de Real 25. É e que xunto ao obrador de pan, aberto desde o pasado 28 de marzo, nas vindeiras semanas sumarase un despacho de pan. Trátase, segundo os artífices do negocio, de dar un servizo maior tanto á parte baixa coma á alta do Casco Vello.

Co apertura deste obrador de pan, xa son 17 os locais comerciais rehabilitados polo CCVV co actividade empresarial desde que comezou a súa oferta de baixos en réxime de aluguer. Na actualidade, o organismo segue adiante cun novo concurso público para a adxudicación doutros 3 locais, os emprazado en San Sebastián, 4, San Sebastián, 6, e Cruz Verde, 5.

Bravo Bosch visita ao obrador de pan Trastrigo (II)O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP), na súa edición do pasado día 21, (http://www.boppo.depo.es/web/boppo/detalle/-/boppo/2015/04/21/2015013120), publicou o anuncio de dito concurso público. Os emprendedores interesados en participar teñen un prazo de 30 días naturais, contados a partir do día seguinte da súa publicación para presentar as súas ofertas empresariais. Así, o último día para facelo será o vindeiro 21 de maio.

Segundo explicou Bravo Bosch, ata ás oficinas do CCVV acercáronse xa un bo número de emprendedores solicitando información sobre o procedemento do concurso. As ofertas para montar o seus negocios no Casco Vello, xunto coa documentación preceptiva, deben presentarse dentro do citado prazo nas súas dependencias situadas na Praza da Princesa, 7-1º, en horario de oficina de 8:30 a 13:30 horas.Tamén poderanse presentar por correo no indicado prazo.

Así mesmo, os pregos de condicións dos 3 locais comerciais que forman parte do concurso atópanse colgados na páxina web do CCVV www.consorciocascovellovigo.org

As rendas mensuais destes novos baixos que forman parte do concurso oscilan entre 108,49 euros e 173,37 euros, xa que o CCVV segue a aplicar un desconto do 50% sobre o seu prezo real durante os dous primeiros anos de arrendamento. O contrato de aluguer destes locais terán unha duración máxima de 5 anos, cunha opción de compravenda transcorrido un ano dende o efectivo desenvolvemento da actividade a desempeñar.

A día de hoxe, o CCVV conta cun total de 23 locais comerciais, 2 deles son os relativos a APEC e ao Servizo de Notificacións e Embargos, 17 xa teñen actividade empresarial, 3 son os que forman parte deste novo concurso público e 1 máis atópase en Abeleira Menéndez 18-20.

Facebook