Actividade dos locais comerciais ofertados polo Consorcio Casco Vello.

abeleira menéndez con gente

Un dos obxectivos buscados desde a posta en marcha do Consorcio Casco Vello de Vigo é o da dinamizacion da actividade social nesta zona de Vigo, para o que desde un principio tívose en conta a importancia de impulsar a creación dun  amplo tecido comercial. Para iso as promocións levadas a cabo polo Consorcio implican, naqueles casos nos que é posible, a habilitación de locais  que se poñen a disposición dos emprendedores , con condicións vantaxosas de financiamento e aluguer.

O grao de implicación dos negocios instalados  ao longo destes anos  queda manifestamente claro na cantidade e calidade das actividades desenvolvidas ou promovidas por estes locais, que abarcan os aspectos mais variados en función da orientación da súa actividade (lecer, restauraciólocal comercial dispoñible na rúa Abeleira Menéndez, 24n, servizos, arte…).

Como exemplo, e sen ánimo de exhautividade, valla a relación dalgunhas das actividades realizadas ao longo do mes de xuño por algún dos establecementos situados en locais rehabilitados polo Consorcio Casco Vello.

A galería fotográfica JT PhotoGallery  (Abeleira Menéndez , 13) acolleu o 17 de xuño un concerto de fusión de bossa nova e jazz a cargo da solista Su Garrido, en tanto que o outro local dedicado á fotografía situado no Casco  Vallo Alto, Oruga Express (Santiago, 19) impulsou a realilzación do proxecto solidario  “Postcards from Nepal”.  Editorial Elvira (Santiago 15) acaba de pechar o prazo de presentación de orixinais para o III Certame Nacional de Relatos Vigo Histórico, para obras cuxa acción debe transcorrer nesta cidade galega.

O obradoiro  Trastrigo (Ferrería, 17) proseguiu coa súa serie de talleres de elaboración de pan  artesanal  e repostería que terán continuación durante os primeiros días de xullo, en tanto que un dos últimos negocios instalados na zona alta do Casco Vello, AVeleira Viños, (Abeleira Menéndez, 28) realizou recentemente unha cata orientada á difusión dos viños da denominación de orixe Arribes, dirixida pola enóloga Charlotte Allen.

Vigo Street Stunts

Para finalizar esta relación sinalar que a axencia Ideas de Percebe (San Sebastián, 8) é a responsable da  organización durante os días 8, 9 e 10 de xullo do Vigo Street Stunts, que traerá á nosa cidade aos mais destacados  representantes a nivel mundial de varias disciplinas de novos deportes urbanos (slackline, stunt street, street calistenia, escalada en bloque…)

Nos seus dez anos de actividade o Consorcio Casco Lanuxe habilitou mais de vinte locais comerciais, dos que dezasete contan  con actividade  neste momento. Nas próximas semanas está prevista o arranque de actividade doutros tres establecementos.
Así mesmo, as promocións en marcha neste momento inclúen a habilitación doutros catro novos locais cuxa oferta e adxudicación realizarase cara a finais deste mesmo ano.

 

O novo Casco Vello de Vigo
 

Facebook

Twitter