A Xunta promocionará o CCVV e nunha presentación que terá lugar no FITUR o xoves día 23

Imaxe actual do cuarteirón Ferraría San Sebastián, onde xa residen novos vecinos e rehabilitado polo CCVV


  • Baixo o nome “Vigo: Patrimonio Histórico e Natural”, o obxectivo é dar a coñecer as actuacións do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), recentemente premiadas na XII Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo (BEAU).
  • A delegada da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, será tamén a encargada de poñer en valor a riqueza paisaxística, natural e patrimonial do Parque Nacional das Illas Atlánticas, que ten a súa sede no edificio Cambón do Casco Vello.
  • A presentación terá no lugar ás 11,00 horas do xoves día 23 no stand que Turgalicia ten na 34 Feria Internacional de Turismo de Madrid, Fitur.

Vigo, 21 de xaneiro de 2014.- O Casco Vello de Vigo e o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia terá cabida este ano na 34 edición da Feria Internacional de Turismo de Madrid, Fitur, da man da Xunta de Galicia e do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) –participado nun 90% pola Administración autonómica e nun 10% polo Concello de Vigo-.

Baixo o nome “Vigo: patrimonio histórico e natural”, a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, será a encargada de levar a cabo esta presentación o xoves día 23 de xaneiro ás 11,00 horas no stand que Turgalicia ten en Fitur.

Tras ter coñecemento este pasado fin de semana da posibilidade de contar cun espazo baleiro na programación do stand de Turgalicia, dende a Axencia de Turismo de Galicia plantexouse a posibilidade de que Vigo participase activamente en Fitur en dous ámbitos. Primeiro, dar a coñecer as actuacións levadas a cabo no barrio histórico da cidade a través do CCVV e que veñen de ser premiadas recentemente na XII Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo (BEAU) e, segundo, ter en conta a implicación que a promoción turística das Illas Cíes e da nova sede do Parque Nacional das Illas Atlánticas, no edificio Cambón do Casco Vello de Vigo, ten para o patrimonio histórico e natural da cidade.

Deste xeito, Bravo Bosch, coma presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo, presentará as actuacións de rehabilitación e recuperación integral levadas a cabo nos últimos anos na zona histórica co obxectivo de mudar a imaxe de degradación na que se atopaba o barrio e que, na actualidade, é ben distinta e mesmo lle serviu para obter o premio nacional da XII BEAU, outorgado o pasado mes de xuño e que foi entregado o 14 de novembro do 2013.

Ademais, será tamén a encargada de poñer en valor a riqueza paisaxística, natural e patrimonial do Parque Nacional das Illas Atlánticas e, máis concretamente, da importancia que as Illas Cíes teñen para a promoción turística de Vigo a nivel nacional e internacional.

Facebook