A Xunta inicia o procedemento de adxudicación de 8 VPA rehabilitadas polo Consorcio

2

  •  Os interesados deberán estar inscritos a día de hoxe no Rexistro de Demandantes de Vivenda e presentar solicitude de inclusión no sorteo nun prazo de quince días
  • As oito vivendas de Vigo foron rehabilitadas polo Consorcio do Casco Vello, participado nun 90% polo Instituto Galego de Vivenda e Solo

Santiago, 13 de maio de 2015.- O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) iniciou hoxe o procedemento para a adxudicación de oito Vivendas de Protección Autonómica (VPA), rehabilitadas polo Consorcio Casco Vello de Vigo.

O requisito para entrar no sorteo das oito novas vivendas é estar inscrito e anotado, á data de hoxe, no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda, no réxime de vivenda de prezo concertado e na casiña de compra.

Trátase de vivendas desde 55 metros cadrados e algo máis de 80.000 euros de prezo de venda ata os 87 metros cadrados e 127.000 euros.

As vivendas están emprazadas nas rúas San Sebastián e Ferrería e reúnen as seguintes características:

 

Emprazamento Características das vivendas Prezo de venda
San Sebastián 24-26 Planta baixa 61,96 m2 89.842 €
San Sebastián 24-26 1ª e 2ª planta 72,65 m2 105.342,50 €
San Sebastián 24-26 1ª planta 57,86 m2 83.897 €
San Sebastián 24-26 2ª planta 60,41 m2 87.594,50 €
Ferrería 3-5-7 1ºA 55,88 m2 81.026 €
Ferrería 3-5-7 1º B 57,34 m2 83.143 €
Ferrería 3-5-7 2º A 55,44 m2 80.388 €
Ferrería 3-5-7 2º B 87,38 m2 126.701 €

Pode consultarse a resolución de inicio do procedemento, así como o modelo de solicitude para anotarse no concurso na web www.igvs.xunta.es no apartado de “Sorteos de VPA e VPP”.

Facebook