A adxudicación de Subida ao Castelo 9 comezará tras o anuncio oficial do IGVS

Vigo, 11 de abril de 2022.- O proceso de admisión de solicitudes para optar ás vivendas da promoción Subida ao Castelo, 9 comezará oficialmente coa publicación na páxina web do Instituto Galego de Vivenda e Solo  da súa convocatoria oficial. Na seguinte ligazón pódense consultar os procedementos que este organismo pon en marcha: IGVS actuamos

Desde o anuncio da solicitude por parte do Consorcio Casco Vello da apertura deste proceso foron numerosas as chamadas e peticións de información sobre as dúas vivendas  incluídas na promoción que se atopa nunha avanzada fase da súa construción. 

 

Facebook