67 persoas solicitaron participar no sorteo que fará o IGVS das 12 vivendas de protección rehabilitadas polo CCVV

  • A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch, entregou hoxe as chaves aos propietarios doutras 3 Vivendas de Protección Autonómica (VPA) rehabilitadas polo organismo.
  • Estas 3 vivendas son as primeiras que se entregan tras a rebaixa dos seus prezos nunha media de 27.000 euros do seu custo inicial, decisión adoptada polo CCVV para facilitar a chegada de máis familias ao barrio histórico, sendo o aforro máis importante de preto de 40.000 euros.

Vigo, 1 de agosto de 2013-. A delegada territorial da Xunta e presidenta Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch, informou hoxe que foron un total de 67 persoas as que solicitaron poder participar no sorteo das 12 vivendas de protección autonómica (VPA) rehabilitadas polo organismo e que o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) realizará o vindeiro 17 de setembro.

Segundo explicou a presidenta do CCVV será o vindeiro martes, día 6, cando se publique a lista provisional de admitidos e excluídos no proceso, que contarán cun prazo de 7 días hábiles para a presentación das reclamacións (ata o 14 de agosto). Unha vez resoltas as alegacións, o IGVS aprobará as listas definitivas de admitidos, que serán debidamente publicadas o 27 de agosto.

Os 12 pisos de protección que sorteará o IGVS pertencen as promocións emprazadas nas rúas Ferraría 25-27-29-31 (6 vivendas), Canellón do Estreito, 12 (2 vivendas) e Ferraría 33-35 (4 vivendas). Todos eles contan con rebaixas no seu prezo inicial sendo o desconto máis importante de 44.000 euros e que corresponde a unha vivenda de tres dormitorios da promoción Ferraría 25-27-29-31.

Estas declaracións as fixo Bravo Bosch tras a entrega das chaves doutras 3 Vivendas de Protección Autonómica (VPA) aos seus novos propietarios, logo de formalizar as súas hipotecas e as escrituras de compravenda. Trátase dos primeiros pisos postos no mercado tras a recente decisión do organismo de rebaixar os seus prezos para facilitar á chegada de máis familias ao barrio histórico. Este tipo de vivendas foron adxudicadas de forma directa unha vez superados os prazos legais establecidos.

Tras o acto de entrega celebrado este xoves nunha notaría da cidade, a presidenta do organismo agradeceu aos novos propietarios a súa aposta decidida polo Casco Vello coa que forman parte da labor de dinamización do barrio que lidera o organismo –participado nun 90% pola Xunta de Galicia e nun 10% polo Concello de Vigo- dende a súa creación en 2005.

As 3 VPA xa entregadas pertencen as promocións de San Sebastián 8-12-14 (1 piso: o 2ºA), Ferrería 11-13-15-17/San Sebastián 1-3-5-7 (1 piso: o Baixo C) e Hortas 10-12 (1 piso: o dúplex A). Trátase de pisos de 1, 2 e 3 dormitorios. As superficies van dende 47,13 m2 a 104,75 m2 e os prezos oscilan entre 65.733,15 euros (sen IVE) a 146.096,02 euros (sen IVE).

Estas 3 novas VPA postas no mercado son as primeiras que se entregan tras a decisión do CCVV de rebaixar os seus prezos nunha media de 27.000 euros do seu custo inicial. O aforro máis importante das mesmas é de 39.700 euros e corresponde ao Baixo C da promoción Ferrería 11-13-15-17/San Sebastián 1-3-5-7. O prezo de dito piso de 3 dormitorios antes era de 185.797,17 euros (sen IVE), mentres que agora é de 146.096,92 euros (sen IVE), aplicado o desconto. O prezo fixado do metro cadrado útil dos pisos rehabilitados polo organismo é agora de 1.394,72 euros/m2, fronte aos 1.773,72 euros/m2.

Bravo Bosch informou durante o acto que o CCVV aínda ten outras 6 VPA baleiras que se poden adxudicar tamén de forma directa e que se atopan en Ferrería 11-13-15-17/San Sebastián 1-3-5-7 (5 VPA) e Santiago, 19 (1 VPA). Así mesmo indicou que en breve se entregará outro piso adxudicado tamén de xeito directo e que corresponde ao 1ºA da promoción San Sebastián 8-12-14. Dita vivenda ten 1 dormitorio, 45,3 m2 e o prezo é de 63.180,82 euros (sen IVE).

O requisito para poder acceder aos pisos mediante adxudicación directa é estar inscrito no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta de Galicia no réxime de Vivenda de Promoción Privada de Réxime Concertado, no apartado de compra.

Características das 12 vivendas para o sorteo do IGVS:

Ferrería 25, 27, 29 e 31 (6 vivendas):

1ºA: 2 dormitorios, 56,81 m2: Prezo: pasa dos 100.765,03 euros de antes aos 79.234,04 euros de agora. Aforro: máis de 21.500 euros.

2ºD: 2 dormitorios, 60,71 m2. Prezo: pasa dos 107.682,54 euros de antes aos 84.673,45 euros de agora. Aforro: máis de 23.000 euros.

1ºB: 3 dormitorios, 116,55 m2. Prezo: pasa dos 206.727,07 euros de antes aos 162.554,62 euros de agora. Aforro: máis de 44.000 euros.

1ºC: 2 dormitorios, 65,68 m2. Prezo: pasa dos 116.497,93 euros aos 91.605,21 euros de agora. Aforro: máis de 24.600 euros.

2ºE: 2 dormitorios, 73,14 m2. Prezo: pasa dos 129.729,88 euros aos 102.009,82 euros de agora. Aforro: máis de 27.700 euros.

Vivenda F: 2 dormitorios, 65,56 m2. Prezo: pasa dos 116.285,08 euros aos 91.437,84 euros de agora. Aforro: máis de 24.800 euros.

 -Canellón do Estreito, 12 (2 vivendas):

1ºA: 1 dormitorio, 62,75 m2. Prezo: pasa dos 111.300,93 euros aos 87.518,68 euros de agora. Aforro: máis de 23.700 euros.

1ºB: 2 dormitorios, 92,57 m2. Prezo: pasa dos 164.193,26 euros aos 129.109,23 euros de agora. Aforro: máis de 35.000 euros.

-Ferrería 33-35 (4 vivendas):

1ºA: 1 dormitorio, 47,25 m2. Prezo: pasa dos 88.808,27euros aos 65.900,52 euros de agora. Aforro: más de 22.900 euros.

1ºB: 1 dormitorio, 46,85 m2. Prezo: pasa dos 83.098,78 euros aos 65.342,63 euros de agora. Aforro: máis de 17.700 euros.

2ºA: 3 dormitorios, 88,35 m2. Prezo: pasa dos 156.708,16 euros aos 123.223,51 euros de agora. Aforro: máis de 33.400 euros.

2ªB: 3 dormitorios, 84,28 m2. Prezo: pasa dos 149.489,12 euros aos 117.547,00 euros de agora. Aforro: máis de 31.900 euros.

Facebook