Procedemento aberto para a contratación urxente do servizo de tratamento de praga de termitas

ANUNCIO de licitación para o servizo do tratamento da praga de térmites subterráneas polo sistema de cebos na zona vella alta de Vigo.

Documentación

Informe Estudio Termitas Casco Viejo Alto Vigo 2015

pliego condiciones TECNICAS

pliego_administrativo

anuncio.bop.PONTEVEDRA.20160707.2016027099

Anuncio DOGA G1329-010716-0007_gl

Texto do anuncio

O Comité Executivo do Consorcio Casco Vello de Vigo, en sesión do 30 de xuño de 2016, acordou: anular as actuacións levadas a cabo no procedemento aberto convocado para o tratamento da praga de térmites subterráneas na zona vella de Vigo, desde a súa publicación (BOP 87/2016 e DOG 98/2016). Publicar os correspondentes anuncios para abrir novo prazo de licitación. Devolver toda a documentación presentada polos licitadores.

Igualmente, acordou declarar a urxencia da tramitación da contratación.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Consorcio Casco Vello de Vigo.

b) Obtención de documentación e información.

1º. Dependencia: Consorcio Casco Vello de Vigo.

2º. Domicilio: praza da Princesa nº 7, 1º.

3º. Localidade e código postal: Vigo, 36202.

4º. Teléfono: 34 986 44 26 38.

5º. Fax: 34 986 44 26 39.

6º. Perfil de contratante: http://consorciocascovellovigo.org/category/licitacions-abertas/

7º. Correo electrónico: info@consorciocascovellovigo.org

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: tratamento da praga de térmites subterráneas na parte da zona vella de Vigo mediante o sistema de cebas.

c) Lugar da prestación: Vigo (Pontevedra).

d) Prazo de execución: 4 anos.

e) CPA (referencia de nomenclatura): 812911; CPV: 90922000-6.

f) Número de expediente: 70_17/2016.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso: cláusula 15 do prego de cláusulas administrativas particulares. A oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios de adxudicación que figuran no prego de condicións.

4. Valor estimado do contrato: 84.000 euros (IVE excluído).

5. Orzamento base de licitación: 60.000 euros (IVE excluído).

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: 0 euros (cero euros).

b) Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación do contrato, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Véxase prego de cláusulas administrativas particulares. Non procede acreditar clasificación.

8. Presentación de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: as proposicións así como, se é o caso, as solicitudes de participación, xunto coa documentación preceptiva, presentaranse, dentro do prazo de 8 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia, no Rexistro Xeral do órgano de contratación indicado (días laborables, de luns a venres), en horario de oficina das 9.00 ás 13.30 horas, no lugar e forma que se indican nas cláusulas 12 e 13 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Modalidade de presentación: solicitudes de participación.

c) Lugar de presentación.

1º. Consorcio Casco Vello de Vigo.

2º. Domicilio: praza da Princesa nº 7, 1º.

3º. Localidade e código postal: Vigo, 36202.

4º. Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas.

a) Apertura de sobres: véxase perfil de contratante.

10. Gastos de publicidade: os gastos de publicación de anuncios correrán por conta do adxudicatario, cun importe máximo de 1.000,00 euros.

Facebook