Juan Teixeira: “Oxalá o Casco Vello alto se converta pronto no soho vigués”

Acaba de abrir as súas portas na rúa Cruz Verde, número, 5, e xa destaca polo seu deseño e cor. Falamos de Vigo Remember  ou como lle gusta denominalo ao seu dono, Juan Teixeira, “un furancho das artes” onde comeza a non ter cabida a imaxe dunha Ferraría intransitable e convídanos a descubrir que algo está a cambiar.

Aos seus 30 anos, o fillo do pintor Mingos Teixeira, aposta firmemente polo noso barrio histórico desde onde dirixe xa a súa propia galería de arte con Vigo e Galicia como referente de atracción turística e dando espazo á colegas creadores a través da escultura, a pintura ou a fotografía.

Casco Vello Vigo

Casco Vello VigoVigo Remember nace como punto de encontro para todo tipo de eventos culturais  como recitais de poesía, obradoiros ou actuacións musicais. O patio ao aire libre co que conta este local -rehabilitado polo Consorcio Casco Vello de Vigo– ofrecerá, sen dúbida, grandes momentos intelectuais que agradamos non perdernos.Casco Vello Vigo

Entre as novas técnicas das que podemos gozar na galería de Teixeira, o selo digigraphie que se traduce na reprodución exacta dixital coa que poderemos levarnos a nosa casa obras de arte a prezos moito máis alcanzables.

“Oxalá o Casco Vello alto se converta pronto no soho vigués”, sinala o artista, un namorado da zona histórica e das súas posibilidades que ofrece na actualidade. Valora positivamente a labor que segue a desempeñar o Consorcio Casco Vello  -participado nun 90% pola Xunta en un 10% polo Concello- no que a dinamización e revitalización se refire e confía en que a “nova zona cultural” que se está a crear acabe, para sempre, cos clubes de alterne que aínda existen, sen ir máis lonxe, na súa propia rúa.

Convencido do potencial que o Casco Vello pode ofrecer a Vigo, anima ao resto dos artistas e novos emprendedores que se sumen ao cambio total que está a vivir, día a día, o noso corazón da cidade.Casco Vello VigoCasco Vello Vigo

O novo Casco Vello de Vigo

Facebook

Twitter