O CCVV organiza unha visita aos locais que acaba de sacar a concurso de alugueiro
Vigo, 30 de xunio do 2022.– Todas aquelas persoas e entidades interesadas en optar ao alugueiro dalgún dos 20 locais comerciais que o Consorcio Casco Vello de Vigo acaba de sacar a concurso poderán participar o vindeiro luns, día 4 de xullo, nunha visita guiada para coñecer de primeira man o seu estado e características.A visita, para a que non fai falta ningún tipo de inscrición, iniciarase ás dez e media da mañá do luns no local que o CCVV ten en Subida a Costa, 5 (Praza do Abanico) e con ela preténdese facilitar o proceso de elaboración das propostas empresariais que, segundo o prego de condicións do citado concurso, deben presentarse para participar no mesmo.
Os 20 locais, que se atopan distribuídos por distintas zonas do Casco Vello, abarcan un amplo abanico de dimensións e distribución. En todos os casos o período inicial de alugueiro será de 7 anos durante os cales a súa renda non se verá incrementada. As súas características, renda e condicións de uso poden ser consultadas na seguinte ligazón. ALUGUEIRO LOCAIS COMERCIAIS