Nove empresas optan á rehablitación de Subida a Costa, 5

Finalizado onte, 15 de setembro do 2016,  o prazo para achegar documentación un total de nove empresas presentáronse ao concurso convocado polo Consorcio Casco Vello para a executar  a  promoción “Subida a Costa 5”.

Trátase da rehabilitación do edificio situado nesta dirección do casco vello alto vigués , na popularmente coñecida como “praza do Abanico”, co obxecto de xerar  unha vivenda -distribuída en planta baixa e planta primeira- e un local comercial  en planta baixa e semisótano-, cunha superficie total útil de 180,72 m2.

subicda-a-costa-5-15-07-2016-comprimida

A actuación realízase nunha parcela cualificada como chan urbano consolidado dentro do PEPRI Casco Vello de Vigo. De acordo con esta cualificación considéranse como elementos a protexer na execución do proxecto as fachadas de pedra do  edificio,  prohibíndose a alteración dos seus materiais e carpinterías exteriores.

A licenza concedida o pasado mes de xuño polo Concello de Vigo establece a obrigación de demoler un anexo realizado no patio exterior do edificio. Previamente á súa concesión, e de acordo coa normativa sectorial, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, realizáronse as preceptivas catas arqueolóxicas, sinalando este organismo que o proceso de construción non debe ser sometido a ningún control posterior deste tipo.

Alzado Fachada Subida a Costa, 5
Alzado da fachada proxectada en Subida a Costa, 5.

A empresa gañadora do concurso que agora se inicia deberá garantir o cumprimento das condicións de habitabilidade, protección contra incendios, accesibilidade e demais condicións establecidas polo PEPRI do Casco Vello.

Esta actuación en Subida a Costa, 5 supón un novo paso no proceso de rexeneración do antigo barrio amurallado de Vigo, iniciado fai xa once anos polo Consorcio Casco Vello de Vigo, que supuxo un investimento superior aos 30 millóns de euros para a adquisición e rehabilitación de vivendas.

 

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.