El CCVV aproba os proxectos para a rehabilitación de 4 novas vivendas
Vigo, 27 de xullo do 2023.- O Comité Executivo do Consorcio Casco Vello de Vigo aprobou esta mañá os proxectos para a rehabilitación de varios edificios na zona histórica da cidade. Trátanse en concreto da recuperación dos situados en Ribeira do Berbés 39-San Francisco 2, e en San Sebastián 20-Horta 2-4, adquiridos no seu día polo CCVV e que debido ao seu mal estado de conservación tiveron que ser baleirados interiormente. Ambas as duas intervencións permitirán a creación de catro novas vivendas unifamiliares, dúas en cada unha das novas promocións, aínda que a posta en marcha dos proxectos está condicionado á aprobación dos orzamentos do CCVV.
A rehabilitación de Ribeira do Berbés 39-San Francisco 2 executarase de acordo con o proxecto presentado polo arquitecto José Luis Quintela Porro e conta cun orzamento de execución de 390.947,56 €. A obra realizarase sobre un solar de 47,60 m2 e crearanse dúas vivendas tipo dúplex. Unha delas, distribuída entre o baixo e a primeira planta, terá unha superficie aproximada de 98 m2 en tanto que a segunda, situada nas plantas segunda e terceira, alcanzará unha superficie construída de 121 m2 aproximadamente.
A intervención para realizar en San Sebastián 20-Horta 2-4, foi deseñada polo estudo Castroferroarquitectos, cun orzamento de execución de 651.128,41 €. As dúas vivendas unifamiliares resultantes distribuiranse nun solar de 176,82 metros cadrados, adquirido polo Consorcio en 2021. A primeira delas, de 2 dormitorios, terá unha superficie de 116 metros cadrados en tanto que a segunda, de tres dormitorios, superará lixeiramente os 110 metros cadrados.
Nesta mesma reunión do comité executivo do CCVV, ademais, aprobáronse tamén senllas actualizacións nos proxectos de dous das súas promocións en execución, Elduayen 39-Ferrería 16 e Subida ao Castelo 9.
Por outra banda, o Consello de Administración do CCVV, reunido con anterioridade, foi informado de a designación dos novos representantes neste organismo do Concello de Vigo (o Consorcio Casco Vello de Vigo está integrado polo Concello de Vigo -cun 10% de representación e a Xunta de Galicia co 90% restante) tras a celebración das recentes eleccións municipais. Os novos nomeamentos recaeron en Francisco Javier Pardo Espiñeira e Carlos López Font, por parte do grupo municipal socialista, e Marta Fernández-Tapias Núñez, por parte do grupo municipal do Partido Popular, que formaran parte do Consello de Administracion, en tanto que José Caride Estévez, do grupo socialista, será o representante do municipio vigués no Comité Executivo. A vicepresidencia do CCVV, que estatutariamente corresponde a un representante do concello de Vigo, será ocupada por Francisco Javier Pardo Espiñeira.
Na mesma reunión se acordo así mesmo a adxudicación por procedemento directo, tras a renuncia dos adxudicatarios no concurso convocado polo CCVV o pasado ano, do alugueiro do local número 1 da rúa Ferrería 5 á candidatura presentada por Dª. Rebeca Rodríguez Domato. O local será destinado a estudo de arquitectura.