Unha exposición fotográfica en Whasington recolle aspectos da rehabilitación do Casco Vello

A sede dos rexistros da propiedade en Vigo acumula varios premios polo seu deseño. Foto: Héctor Santos-Díez

Vigo, 17 de outubro do 2019.- A rehabilitación do edificio dos Rexistros da Propiedade, no Casco Vello de Vigo, chegou nada menos que ata Whasington, da man do fotógrafo Héctor Santos-Díez. Este profesional coruñés, un dos máis importantes fotógrafos de arquitectura no noso país, participa nunha exposición organizada pola Asociación de Agregados Culturais Iberoamericanas na capital norteamericana, que se desenvolverá ata o próximo 27 de outubro y que recolle unha serie de imaxes en gran formato sobre distintos proxectos de recuperación urbana en España e América Latina.

Entre os seleccionados atópanse dous proxectos documentados por Santos-Díez en Galicia, en concreto os acometidos na Praza do Curro en Noia e a citada rehabilitación no Casco Vello da nosa cidade, realizada sobre un edificio adquirido no seu día polo Consorcio na Rúa Real, que posteriormente foi vendido aos responsables da súa rehabilitación. Cada un dos dous proxectos recóllese en dúas fotografías de gran formato e noutras catro proxectadas nunha instalación audiovisual que forma parte da exposición. A obra agora destacada foi proxectada polo estudo de Jesús Irisarri e Guadalupe Piñera, e recibiu distintos galardóns pola calidade do seu deseño, tanto a nivel autonómico como estatal.

O novo Casco Vello de Vigo

Facebook

Twitter