UN GRAN RECOÑECEMENTO PARA UN GRAN LABOR

      O pasado 14 de novembro recollemos en Madrid o premio da XII Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo do que tanto vos estamos falando últimamente.

      Á gala de entrega de premios, celebrada na Cineteca do Matadero de Madrid, acudiu o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández, acompañado da presidenta delegada do Consorcio Casco Vello, María José Bravo Bosch, quen cualificou moi positivamente o galardón alcanzado á recuperación do barrio histórico na categoría de revitalización e transformación do centro urbano.

Casco Vello Vigo

      Foi Agustín Hernández coma presidente nato do CCVV o encargado de recoller o premio de mans de Ana Pastor, ministra de Fomento.

ana pastor e conselleiro agustín hernández premio CCVV

      O xurado destacou que para o seu fallo valorou positivamente a rehabilitación do centro urbano que se está a levar a cabo, tendo en conta que se trata “dunha peza emblemática da cidade, xurdida da relación co mar desde que os romanos instaláronse nel e comerciaron a través do seu porto”.

      Pero ademais do labor que estamos a desenvolver, non nos podemos olvidar que sodes vós quenes nos axudades a que esta rehabilitación sexa posible. Porque abrindo os vosos negocios e apostando polo barrio histórico para vivir nel, facedes posible este marabilloso proxecto de recuperación desta zona.

      Estamos seguros de que, como dixo Bravo Bosch, esta distinción dará máis forza e será un “pulo máis” para seguir “coa calidade” e “sen perder un ápice” á recuperación e labor que iniciou o Consorcio no ano 2005.

O novo Casco Vello de Vigo

Facebook

Twitter