O IGVS abre o procedemento para a adxudicación de dez novas vivendas rehabilitadas polo Consorcio

Por fin podemos anunciarvos a nova que moitos de vós estábades a agardar: xa está en marcha oquinto sorteo que realizará o Instituto Galego de Vivenda e Solo e a través do que se sortearán dez vivendas de protección autonómica rehabilitadas polo Consorcio Casco Vello de Vigo.

Como xa vos dixemos, nel poderán participar todos aqueles que a día de hoxe estean inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta de Galicia no apartado de Vivenda de Promoción Privada de Réxime Concertado, na casiña de compra.

Os interesados que cumpran o requisito anterior dispoñen de 15 días hábiles para solicitar a súa inclusión no procedemento de adxudicación, para o que poden atopar o modelo de solicitude na web do IGVS. Segundo as estimacións que se manexan, o sorteo público e ante notario terá lugar a comezos da primavera.

As obras pertencen á promoción San Sebastián Subida ao Castelo e estas son as súas características:

Emprazamento Características das vivendas Prezo devenda €
Subida ao Castelo 5 Planta baixa. 46,24 m2 67.048,00
Subida ao Castelo 5 1ª planta 67,66 m2 98.107,00
Subida ao Castelo 5 2º planta 68,20 m2 109.120,00
Subida ao Castelo 7 Planta baixa 46,24 m2 67.048,00
Subida ao Castelo 7 1ª planta. 67,66 m2 98.107,00
Subida ao Castelo 7 2ª planta 67,70 m2 108.320,00
San Sebastián 4 1ª planta 59,16 m2 85.782,00
San Sebastián 4 2ª planta 59,16 m2 94.656,00
San Sebastián 6 1ª planta 56,13 m2 81.388,50
San Sebastián 6 2ª planta 56,13 m2 89.808,00

 

E xa por último mostrámosvos unhas fotografías da promoción, coa intervención xa rematada:

Casco Vello Vigo

San Sebastian

Casco Vello Vigo

San Sebastian

Casco Vello Vigo

Subida ao Castelo

Casco Vello Vigo

Subida ao Castelo

O novo Casco Vello de Vigo
 

Facebook

Twitter