O día internacional do Tap enche o Casco Vello de ritmo e ganas de bailar

Ritmo, swing, alegría, habilidade e, sobre todo, moitas ganas de pasarllo ben se darán cita mañá na popularmente coñecida como praza do Abanico (oficialmente, Subida a Costa), na zona Alta do Casco Vello. E todo iso con motivo da celebración, o 25 de maio, do Día Internacional do Tap ( claqué). Os organizadores deste evento, o club Mayeuswing, en colaboración coa Asociación Veciñal CascoVelloAlto, programaron con este motivo unha serie de actuacións en distintos puntos da cidade, que comezarán ás doce da mañá en Príncipe, para finalizar cunha “sesión vermú” na citada praza do Casco Vello Alto, a partir de únaa da tarde.

 

 Entre exhibicións, charla, demostracións de pasos e bo humor os participantes nesta actividade pretenden promover o coñecemento e a práctica, de varias modalidades de baile ( lindy hop, claqué, swing…),que están a asistir a un auténtico “boom” en todo o mundo. Nesta ocasión aprovéitase tamén para conmemorar os aniversarios de dous das grandes figuras do Lindy Hop, Frankie Manning, e do claqué, Bill Robinson (o nome pode non dicirnos nada, pero seguro que case todos lembramos algunha das escenas que protagonizou no cinema con estrela infantil Shirley Temple)

Non o dubides, déixache arrastrar polo ritmo e goza dun excelente plan para iniciar esta fin de semana no Casco Vello de Vigo.

 

O novo Casco Vello de Vigo

Facebook

Twitter