O COLEXIO DE REXISTRADORES DA PROPIEDADE ESTÁ MÁIS PRÓXIMO CA NUNCA DO CASCO VELLO

Foi o 15 de xuño de 2011 cando o Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) e o Colexio de Rexistradores da Propiedade, Mercantís e Bens Mobles de España materializaron o convenio de colaboración mediante o que ambas entidades se comprometeron á compravenda dos catro inmobles sitos nos números 29, 31 e 33 da rúa Real, e no número 26 da rúa Alta. Da rehabilitación e intervención nestes catro inmobles sairán os Rexistros da Propiedade de Vigo no seu casco histórico.

Trátase dun traslado de gran calado, xa que requerirá o peche dos rexistros durante dous ou tres días, a súa publicación no BOE e a custodia de tódolos libros e documentos durante este proceso, así como o cambio de ubicación dos seus empregados. Sen embargo, a recuperación dos inmobles de Real 29, 31, 33 e Alta, 26, suporá unha mellora respecto das instalacións viguesas onde na actualidade prestan o servizo os Rexistradores e tamén suporá un paso importante no que a dinamización e revitalización integral do barrio se refire.

Inicialmente, no ano 2007, o acordo co Colexio de Rexistradores establecía a adquisición de catro inmobles (Real 27, 29, 31 e 33) para engadir máis tarde –no ano 2008– un quinto inmoble (Alta, 26). Sen embargo, co cambio da súa xunta directiva e a situación de crise económica fixo que se tivera que reformular o proxecto, que pasou pola eliminación dun dos inmobles (Real, 27).

A partir da firma do convenio, os arquitectos encargados do proxecto –Irisarri&Piñera- tiveron que adecualo ás características actuais. Se todo vai segundo o previsto, antes da metade do ano a obra estará rematada e se poderá realizar o traslado do Colexio de Rexistradores ao Casco Vello.

As fotografías que vos mostramos a continuación corresponden á evolución da obra: as dúas primeiras mostran o estado dos edificios antes da súa adquisición por parte do CCVV; as dúas seguintes están tomadas no ano 2012, cando o proceso de rehabilitación estaba xa en marcha e as fotografías de interior mostran os traballos que se están a acometer na actualidade.

Casco Vello Vigo

Casco Vello VigoEstado dos inmobles da rúa Real antes da rehabilitación.

Casco Vello Vigo

Casco Vello VigoObras no ano 2012.

Casco Vello Vigo

Casco Vello VigoObras na actualidade. Fotografía cedida polo estudo de arquitectura Irisarri-Piñera.

Como vedes, xa queda menos para contar cun novo servizo no barrio histórico.

O novo Casco Vello de Vigo

Facebook

Twitter