MÁIS ESPAZO PARA MÁIS FAMILIAS NO CASCO VELLO ALTO

Foi en pleno verán do 2013, concretamente o 1 de xullo, cando se abriu un novo procedemento para a adxudicación de novas Vivendas de Protección Autonómica rehabilitadas polo Consorcio Casco Vello de Vigo. O Casco Vello Alto volveu ser protagonista desta cuarta e última, polo de agora, promoción, na que se sortearon 12 novas vivendas repartidas entre as rúas Ferraría e Canellón do Estreito. Este cuarto sorteo do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) levouse a cabo o 17 de setembro de 2013.

FERRARÍA 25-27-29-31 (seis vivendas)

Cunha superficie útil que oscilaba entre os 56,81 m2 e os 116,55 m2, poñíanse a disposición de todos aqueles que estivesen inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda, no réxime de vivenda concertada e acceso en compra 6 novas vivendas coas seguintes características:

Casco Vello Vigo

1 vivenda con 2 dormitorios e superficie útil de 56,81 m2.

1 vivenda con 2 dormitorios e superficie útil de 60,71 m2.

1 vivenda dúplex con 3 dormitorios e superficie útil de 116,55 m2.

1 vivenda con 2 dormitorios e superficie útil de 65,68 m2.

1 vivenda con 2 dormitorios e superficie útil de 73,14 m2.

1 vivenda dúplex con 2 dormitorios e superficie útil de 65,56 m2.

Casco Vello VigoCasco Vello Vigo

FERRARÍA 33-35 (catro vivendas)

Na misma rúa poñíanse á venda catro novas vivendas:

Casco Vello Vigo

1 vivenda cun dormitorio e superficie útil de 51,97 m2.

1 vivenda cun dormitorio e superficie útil de 51,53 m2.

1 vivenda con 3 dormitorios e superficie útil de 89,55 m2.

1 vivenda con 3 dormitorios e superficie útil de 90,28 m2.

Casco Vello VigoCasco Vello Vigo

CANELLÓN DO ESTREITO 12 (dúas vivendas)

E, xa por último, tocáballe o turno a Canellón do Estreito, que se estreaba con dúas vivendas:

 

Casco Vello Vigo

1 vivenda cun dormitorio e superficie útil de 61,60 m2.

1 vivenda con dous dormitorios e superficie útil de 90,47 m2.

Casco Vello VigoCasco Vello Vigo

Como xa vos comentamos no post do terceiro sorteo, esta promoción tivo una principal novidade: a redución dos prezos das vivendas -nunha media de 27.000 euros de rebaixa-, co obxectivo de facilitar a chegada de máis familias ao barrio histórico e seguir así coa dinamización posta en marcha anos atrás.

Este foi o repaso a tódalas promocións que polo momento se abriron desde o IGVS para a adxudicación das vivendas rehabilitadas polo Consorcio Casco Vello de Vigo. Son xa un total de 64 vivendas e 21 locais comerciais (dous deles para a sede de APEC e outro para a Oficina de Notificacións e Embargos) os que axudaron a construír o novo Casco Vello en pouco máis de tres anos.

Coñecíades algunhas? Eres un novo veciño do Casco Vello grazas a elas?

 

 

O novo Casco Vello de Vigo
 

Facebook

Twitter