Ferrería 3-5-7 e San Sebastián 24-26: así son as promocións que formaron parte do último sorteo do IGVS

O 14 de xullo de 2015, a delegada territorial da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch, presidía un novo sorteo público ante notario doutras 8 vivendas de protección autonómica (VPA) rehabilitadas polo organismo nas rúas Ferrería 3-5-7 e San Sebastián 24-26. Era o VI sorteo do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS).

As vivendas sorteadas teñen un e tres dormitorios e unhas superficies útiles que oscilan entre os 53,84 m2 e os 97,59 m2.

En Ferrería 3-5-7 sorteáronse un total de catro vivendas, coas seguintes características

1. Ferrería 3-5-7 (1ºA): 1 dormitorio e superficie útil de 55,88 m2.

2. Ferrería 3-5-7 (1ºB): 1 dormitorio e superficie útil de 57,34 m2.

3. Ferrería 3-5-7 (2ºA): 1 dormitorio e superficie útil de 55,44 m2.

4. Ferrería 3-5-7 (2ºB dúplex): 3 dormitorios e superficie útil de 87,38 m2.

Casco Vello Vigo

Casco Vello Vigo

Casco Vello Vigo

En San Sebastián 24-26 foron tamén catro as vivendas sorteadas:

1. San Sebastián 24-26, (Vivenda A): 1 dormitorio e superficie útil de 53,93m2.

2. San Sebastián 24-26, (Vivenda B): 1 dormitorio e superficie útil de 72,16 m2.

3. San Sebastián 24-26 (Vivenda C): 1 dormitorio e superficie útil de 57,86 m2.

4. San Sebastián 24-26 (Vivenda D): 1 dormitorio e superficie útil de 60,41 m2.

Casco Vello Vigo

Casco Vello Vigo

Casco Vello Vigo

Balance de actividade

Na actualidade, o CCVV adquiriu un total de 70 inmobles, dos cales 43 xa foron totalmente rehabilitados, o que se traduce na consecución de 99 vivendas -82 para venda, 12 para aluguer e 5 para realoxos- e 27 locais comerciais -17 xa teñen actividade empresarial, 3 están en proceso de adxudicación mediante concurso público e outros 4 están xa rematados, 1 máis está pendente do uso e os outros 2 son os relativos á sede de APEC e ao novo Servizo de Notificacións e Embargos.

Así mesmo, 10 inmobles foron transmitidos a outras institucións, incluíndo aquí, entre outros, os últimos 3 edificios da Ribeira do Berbés (números 11-13-15) onde a Universidade de Vigo construirá o seu Centro de Linguas, así coma os 4 inmobles adquiridos polo Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantís de España (Real, 29-31-33 e Alta, 26), desde onde xa operan.

Ademais dos sorteos, o CCVV aínda ten dispoñibles outros 4 pisos que se poden adxudicar de forma directa. Os interesados teñen que estar inscritos previamente no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda, no apartado de Vivenda de Promoción Privada de Réxime Concertado, na casiña de compra.

O novo Casco Vello de Vigo

Facebook

Twitter