Chega a choiva. Ven ao Casco Vello¡

O fin de semana anúnciase con choivas pero isto non é óbice, senón máis ben todo o contrario, para descartar unha visita ao Casco Vello de Vigo. Ao seu tradicional e intensa oferta gastronómica engádense varias citas culturais e de lecer  organizadas por establecementos e entidades veciñais radicados na zona.SONY DSC

A primeira delas é unha nova cata de viños posta en marcha por AVeleira Viños no seu local da rúa Abeleira Menéndez. Nesta ocasión trátase de descubrir os caldos da adega Quinta do Rebolo, da Denominación de Orixe Ribeiro, da man do viticultor Alex González. A actividade, para a que é necesario reservar praza, terá lugar mañá, venres 18, a partir das 20,00 horas.

Xusto enfronte deste local atópase a galería fotográfica JT onde poderemos botar unha ollada a nova publicación do seu propietario, Javier Tenente, dedicada ao mundo da pesca. Titulada “Hijos del Océano” o libro editado pola editorial Blume recolle imaxes e testemuños de comunidades pesqueiras tradicionais repartidas por todo o mundo que observan como a súa forma de vida vese cada día máis ameazada. Ningún lugar do mundo podería resultar máis adecuado para unha publicación deste tipo que o Casco Vello de Vigo, que debe a súa existencia á pesca e aos homes que viviron dela durante séculos.

Setas y arpa

Pola súa banda a asociación veciñal Casco Vello Vigo prosegue coas súas xornadas micolóxicas, que alcanzan este ano a súa terceira edición. Para hoxe mesmo, xoves 17, está prevista a inauguración da súa Exposición Micolóxica, que se prolongará ata o sábado pola mañá. Tamén están previstas dúas charlas divulgativas sobre o mundo dos cogomelos,  hoxe a partir das 19,30 e mañá a partir das 20,00 a cargo de expertos. A actividade finalizará cunha saída ao monte o sábado pola tarde para aplicar os coñecementos adquiridos.

O obradoiro e panadería “Trastrigo” tamén se suma ao labor de dinamización da zona participando no “Festival nun local”, que levará actividades artísticas a distintos locais da cidade. En concreto os establezementos desta firma nas rúas Real e Ferrería acollerán senllos concertos de arpa a cargo do músico David Muñíz. A primeira actuación terá lugar ás 12 e unha hora máis tarde comezará a segunda no obradoiro da rúa Ferrería.Casco Vello Vigo

Outra interesante posibilidade é acudir á Casa Galega dá Cultura, na praza da Constitución, onde continúa aberta a exposición “Mapas e Cartas de Vigo e de Galicia: séculos XVII ao XX” que permanecerá aberta ata o próximo día 27.

O novo Casco Vello de Vigo

Facebook

Twitter