APOSTANDO POLA RECUPERACIÓN DO NOSO CASCO VELLO!

Neste novo post queremos contarvos un pouco máis sobre o novo plan de actuación e rehabilitación do Casco Vello, punto de partida que será eixo principal da nosa actividade.Casco Vello Vigo

O pasado mes de agosto, o consello de administración do Consorcio Casco Vello de Vigo, aprobou o Plan de Actuación para o período 2013-2017. Con el, poderanse continuar as actuacións programadas na zona histórica da cidade. Isto é, a rehabilitación de 43 vivendas e a creación de 17 locais comerciais.Casco Vello Vigo

A maior novidade deste plan, e que moitos estaríades a agardar, é a rehabilitación integral da fachada de O Berbés. Por todos é sabido o que este espazo significa para a cidade por iso será, a partir de agora, un dos obxectivos principais do programa do Consorcio.

Estamos encantados de poder darvos esta noticia.  E a vós, que vos parece?

O novo Casco Vello de Vigo
 

Facebook

Twitter