A FORTALEZA DE SAN SEBASTIÁN, RELIQUIA DO S.XVII

A fortaleza de San Sebastián construíuse para resgardar Vigo dos ataques ingleses e portugueses, cos que estaba inmerso na Guerra de Restauración Portuguesa (1640-1668).

Os encargados da súa construción foron os enxeñeiros militares Juan Villarroel y Prado e os irmáns Carlos e Fernando de Grunemberg e o seu único obxectivo era servir de defensa á cidade ante os piratas ingleses, aliados dos portugueses na guerra. Lograr esa defensa foi o que fixo que a muralla se construíra con moita présa e cunha escaseza de medios notable: os muros non se fixeron con suficiente consistencia e non se fortificou tampouco o exterior con fosos ou camiños cubertos. Foi creada como complemento da fortaleza do Castro, cerrando pola parte superior todo o recinto de murallas.

Esa falta de medios na súa construción fixo que os vigueses non confiaran moito na seguridade que podían obter grazas a ela, polo que cando os ingleses invadiron a cidade en 1719, a gornición que defendía o castelo o abandonou para refuxiarse, precisamente, no castelo do Castro. Nese mesmo ano foi declarado en estado ruinosoe, como consecuencia, foi abandonado. A partir de aquí, a súa decadencia foi cada vez a máis. Anos despois do seu abandono, un informe só o facía apto para encerrar gando e, en 1800, seguía en estado ruinoso e sen portas.

Pouco a pouco foi recobrando actividade e ao longo dos séculos foi empregado de diversas maneiras. A principios do século XIX construíuse un hospital no seu interior pero foi a actividade militar a que tería máis peso na súa historia, xa que foi empregado como cuartel militar ata o ano 1964, cando se entrega ao Concello de Vigo. Desde o Concello decidiuse derribar o baluarte e os dous medios baluartes da fortaleza para construír no seu lugar o novo edificio consistorial.

En 1983 evitouse o derribo do castelo ao presentarse unha alegación ao plan especial de edificios a conservar para que non se perdera un ben de valor histórico. Grazas a iso, podemos gozar dunhas estupendas vistas da cidade desde un gran lugar do Casco Vello Alto.

 

 

O novo Casco Vello de Vigo

Facebook

Twitter