A adxudicación de seis novos locais xera unha gran afluencia de interesados en coñecer as súas características
-
O prazo de presentación de ofertas comeza o vindeiro venres
Vigo, 8 de novembro do 2022.- Unha trintena de interesados participaron esta mañá na xornada de portas abertas que o Consorcio Casco Vello de Vigo organizou para mostrar os seis locais comerciais que oferta en alugueiro en distintos puntos do barrio histórico vigués (rúas Abeleira Menéndez, Ferrería, Cruz Verde e Real).
Todos eles foron informados por parte do persoal técnico do Consorcio das características técnicas e legais dos locais, iniciándose a partir do próximo venres 11 o prazo de presentación de ofertas para optar aos mesmos. Neste sentido, hai que sinalar que os posibles arrendatarios poden ir elaborando os borradores das súas ofertas a través da área de CONTORNO DE PROBAS da plataforma SILEX, da Xunta de Galicia (na pestana 3 SELECCIONAR EXPEDIENTE, basta con seleccionar CONSORCIO CASCO VELLO DE VIGO no epígrafe ENTIDADE e pulsar o botón Buscar para que na parte inferior aparezan os datos do expediente).
Ditas ofertas deberán ser confirmadas unha vez aberto o prazo oficial, de acordo con o sinalado na convocatoria oficial deste procedemento no Boletín Oficial da Provincia. Ao tratarse da segunda fase do proceso de adxudicación posto en marcha polo CCVV para a ocupación do seu parque de baixos comerciais, a asignación dos mesmos realizarase por orde de presentación daquelas ofertas que cumpran cos requisitos establecidos no prego de condicións.
ACCESO A DOCUMENTACIÓN DO PROCESO