As dez rúas imprescindibles de Vigo

Vigo é unha cidade con moito encanto e ten moito que ofrecer. Proba diso son a multitude de artigos que xa escribimos sobre a cidade e que versan desde a súa historia, viva a día de hoxe, a todo o turismo que podemos vivir nela.

As súas rúas son imprescindibles tamén no conxunto de Vigo e da súa oferta cultural. Por iso hoxe, da man de Turismo de Vigo, queremos falarvos das dez rúas que non vos podedes perder nos vosos paseos pola cidade:

Príncipe. A rúa das compras por excelencia. Ideal se vos queredes relaxar cunha tarde de tendas ou se queredes disfrutar dun plan máis cultural, posto que aquí se atopa o Museo de Arte Contemporánea (MARCO).

Praza da Constitución. Non podía faltar nesta lista o noso Casco Vello. Ademáis da Casa Galega da Cultura, atoparedes nela moita vida con moitos veciños e visitantes dispostos a disfrutar dunha parte tan importante do barrio como é esta.

Praza de Compostela. Una preciosa alameda que fará as delicias dos máis pequenos pola tranquilidade que reina nela e polo espacioso das súas rúas. É ideal tamén para dar un paseo ao abrigo das árbores que a decoran.

Casco Vello Vigo

Rúa Cesteiros. Unha das rúas máis características do Casco Vello, que tomou o seu nome dos artesáns que se asentaron nela para traballar a cestaría.

Praza de América. Unha das máis coñecidas de Vigo. Seguro que máis dun celebrou algunha vitoria do Real Club Celta de Vigo ao redor da escultura de Silverio Rivas, Porta do Atlántico, centro da praza.

Paseo de Bouzas. Son 2,5 km de percorrido a carón do mar, apto tanto para viandantes como para ciclistas.

Beiramar. Un paseo que conecta o porto co casco urbán da cidade e no que se pode apreciar perfectamente a implicación da cidade co mar.

Urzáiz. Despois de percorrer Príncipe, adéntrase un en Urzáiz, outra das arterias comerciais da cidade. A través dela chegaremos ata o barrrio do Calvario, onde se pode visitar o seu famoso mercado.

Areal. Esta rúa é moi coñecida por ser unha das que máis xente concentra na noite viguesa. Sen embargo, no século XIX era famosa por albergar industria naval e fábricas de salgadura.

Montero Ríos. Preto da Praza de Compostela sitúase esta rúa ideal para pasear a carón do mar, ou tomar algo nunha das súas terrazas.

 

O novo Casco Vello de Vigo
 

Facebook

Twitter