A Reconquista da Vila de Vigo

Como cada mes de marzo, Vigo en xeral e o Casco Vello en particular prepáranse para celebrar a festa máis esperada por todos: a Reconquista. Este ano é aínda máis especial se cabe, xa que se desenvolve ao longo de dúas fines de semana: 21-22 e 28-29 de marzo.

Estamos seguros de que a maioría de vós xa tedes os traxes preparados desde fai moito tempo e agardades impacientes a que chegue a data para poder comezar a celebrar a Reconquista da cidade. Pero, sabedes por que se celebra esta festa? Que se conmemora nestes días?

Entre os anos 1808 e 1814 España estivo inmersa na Guerra de Independencia contra o Imperio Francés, que pretendía instalar no trono español ao irmán de Napoleón, José Bonaparte. No medio dese conflito bélico produciuse un fito histórico: o 28 de marzo de 1809, un alzamento popular logrou expulsar aos franceses de Vigo. A cidade convertíase así na primeira que conseguía expulsar ao exército de Napoleón dunha praza conquistada.

Este feito tivo unha gran repercusión naquel momento. Tanto que, un ano despois, Fernando VII outorgou a Vigo o título de cidade ‘fiel, leal e valorosa’.

É por isto polo que cada 28 de marzo celebramos na cidade a Reconquista, para seguir recordando a tremenda fazaña que realizaron os nosos antepasados. E o vivimos sobre todo no Casco Vello: no barrio histórico recréase ata o mínimo detalle da vida do século XIX, nunha auténtica viaxe ao pasado.

O máis espectacular son, sen dúbida algunha, as representacións teatrais que se realizan co fin de retratar episodios da batalla. Pero, por riba de todo destaca o episodio en Gamboa, no que se simula o derribo da porta da vila.

 

O novo Casco Vello de Vigo

Facebook

Twitter