Consorcio Casco Vello de Vigo

Consorcio do Casco Vello de Vigo é un organismo autónomo, participado nun 90% polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e nun 10% polo Concello de Vigo que ten como misión fundamental encabezar o proceso de rehabilitación integral do centro histórico da cidade de Vigo para conseguir que volva ser un barrio con vida, atractivo para veciños e visitantes, que consiga combinar o pouso de varios séculos de tradición urbanística coas máis modernas vantaxes arquitectónicas. O proceso de recuperación non é, no entanto, unha tarefa unicamente para este organismo, xa que todos temos oportunidade de facer que o noso casco vello luza e lles dea a razón aos que o escolleron como lugar onde fundar unha cidade hoxe en día tan importante.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.