Visita para dar a coñecer os seis locais que o CCVV oferta en alugueiro en adxudicación directa
Vigo, 2 de novembro do 2022.- O Consorcio Casco Vello de Vigo organizou unha xornada de portas abertas para dar a coñecer a todos aqueles interesados no alugueiro, mediante proceso de adxudicación directa, dos seis locais dos que dispón en varios puntos da zona histórica da cidade.
Esta iniciativa levaráse a cabo o vindeiro martes, día 8 de novembro, a partir das 9.30 da mañá. Todos aqueles particulares ou representantes de empresas ou entidades que desexen participar na visita concentraranse na praza do Abanico (Subida a Costa) desde onde, acompañados por técnicos do Consorcio, comezará o percorrido para coñecer in situ as características dos seis locais.
Os mesmos forman parte do proceso de adxudicación de vinte establecementos iniciado o pasado mes de xuño polo CCVV. Quince deles foron asignados -aínda que se produciu unha renuncia posterior á adxudicación- nunha primeira fase na modalidade de concurso. Finalizada esta, de acordo con o prego de condicións que regula esta iniciativa, os restantes pasan agora á fase de adxudicación directa na que será a orde de presentación de solicitudes que se axusten aos requisitos o que determine a atribución de cada un dos locais.
LOCAIS OFERTADOS
- LOCAL 3. Abeleira Menéndez 18. Superficie útil 55,18 m2. Renda mensual 137,95 €.
- LOCAL 7. Cruz Verde 12. Superficie útil 44,65 m2. Renda mensual 111,63 €.
- LOCAL 8. Ferrería 05 – local 1. Superficie útil 29,89. Renda mensual 74,73 €
- LOCAL 9. Ferrería 05 – local 3. Superficie útil 47,69m2. Renda mensual 119,23 €.
- LOCAL 10. Ferrería 11. Superficie útil 98,80 m2. Renda mensual 247,00 €.
- LOCAL 12. Real 25. Superficie útil 72,17 m2. Renda mensual 180,43 €.