San Xoán no Casco Vello : sen ir máis lonxe

San Xoán, a noite máis curta do ano chegou e en toda Galicia a cousa está que arde cos preparativos das cacharelas, a recollida das herbas tradicionais que se utilizan nos conxuros e a compra das sardiñas e o viño imprescindibles para esta festa.

O Casco Vello non é alleo en absoluto a esta actividade frenética e no seu interior levaránse a cabo distintas actividades que terán o seu punto culminante ás doce da noite cando comece a arder a fogueira instalada na zona do Berbés.

A festa na zona histórica de Vigo terá dous puntos centrais: a citada praza do Berbés e a coñecida como Praza do Abanico. Nesta última a Asociación Veciñal Casco Vello Alta realizará a partir das 8 da tarde a súa xa tradicional sardiñada (haberá alternativas máis contundentes como o chouripán para os que lles tire máis a carne e, obviamente, poderanse acompañar de líquidos máis ou menos espirituosos segundo o gusto).  Esta asociación realizou unha venda previa de tickets para poder botar as contas de cantas sardiñas necesitaranse, pero tiveron en conta a tradicional falta de previsión hispana e haberá algunha en reserva para os que se apunten a última hora. Ademais, como as penas con música son menos penas, todos os asistentes á festa gozarán da actuación de DJGramola.

Aínda que por evidentes razóns de seguridade no interior do Casco Vello Alto non se pode plantar unha fogueira, este totémico elemento da Noite de San Juan estará presente no barrio na Praza do Berbés.  Ademais, l a asociación veciñal desta zona de Vigo vén  desde hai anos dando unha volta máis á tradición  e converte as rúas da zona vella no escenario da representación dun aquelarre que percorre todo o barrio ata desembocar xunto á cacharelaa, onde xa se retoma a tradición de sardiñas, viño e herbas de namorar.

Non fai falta ir máis lonxe; o Casco Vello situase unha vez máis no centro da festa.

O novo Casco Vello de Vigo

Facebook

Twitter