PERSONAXES

Seguimos coas estrenas no noso blog. A partir de mañán contaremos cunha nova sección, chamada “Personaxes”, onde os protagonistas serán os “poboadores” do novo Casco Vello.

A través de entrevistas aos donos dos novos locais ou a os veciños que decidiron apostar por crear vida no barrio histórico de Vigo, mostrarémosvos o seu punto de vista sobre o día a día no centro da cidade.

O encargado de abrir esta sección é Juan Teixeira, responsable do novo “furancho das artes” do Casco Vello, Vigo Remember.

Mañán ensinámosvos máis!

O novo Casco Vello de Vigo
 

Facebook

Twitter