Oruga Express, fotografías en continua aprendizaxe desde o Casco Vello

“A oruga é o paso previo á crisálide e logo ven a bolboreta”. Baseado nesta frase, Perfecto Rueda elixiu nomear o seu establecemento de fotografía, sito no número 19 da rúa Santiago, Oruga Express. Segundo sinala, é, precisamente, o que lle permite estar “en continua aprendizaxe”.

Este fotógrafo de 37 anos foi, xunto a Torrado&Fernández Arquitecto, un dos primeiros emprendedores que non tiveron dúbidas en montar o seu negocio no barrio histórico cando o Consorcio Casco Vello de Vigo comezou a oferta dos seus locais comerciais en réxime de aluguer, alá por 2011.

Casco Vello Vigo

“Traballar no Casco Vello é un privilexio, sempre me atopo coa tranquilidade e xórdeme a creatividade que necesito”, explica Rueda, quen leva toda a súa vida vinculado ao mundo da fotografía. As súas imaxes inmortalizadas a través da cámara fotográfica “nunca son posados”, senón que sempre busca “a naturalidade e a espontaneidade das persoas”.

Casco Vello Vigo

Era tan só un cativo cando nun caixón da súa casa encontrou unha cámara de fotos e, desde entón, xa non parou de captar a realidade. Tras unha primeira experiencia nun establecemento no Casco Vello e, dunha segunda, na cidade de Santiago, Rueda quixo volver á Vigo e emprazar o seu proxecto artístico pola súa conta.

Casco Vello Vigo

Levaba tempo traballando desde a súa casa, xa en Vigo, cando soubo da posibilidade de facerse cun baixo rehabilitado polo Consorcio e, finalmente, Oruga Express xa tiña sede física visible.

Con respecto á situación actual do barrio histórico, Rueda mostra a súa satisfacción polo cambio que segue a vivir, sobre todo, no que se refire á parte alta do Casco Vello. “Está mellorando moito e é un pracer formar parte desa transformación”.

Animámosvos a descubrir todos e cada un dos traballos deste profesional e, se necesitades unha reportaxe de calidade e a bo prezo, achegarvos ata Oruga Express. 

Casco Vello Vigo

Casco Vello Vigo

 

 

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.