Os reloxos de Vigo

Vigo agocha grandes tesouros. Entre eles, moitos reloxos que se esconden entre os edificios da cidade. Hainos de sol e analóxicos, pero todos están cheos de historia.

Sabedes que dous reloxos de sol atópanse no Casco Vello? Un deles está situado no lateral da Concatedral de Santa María. Parece que estamos ante un dos reloxos máis antigos de Vigo, xa que se cree que foi gravado na súa fachada un ano despois da inauguración da Ex Colexiata.

O outro atópase na Praza da Constitución. Pode ser que nunca reparárades nel, xa que soe pasar desapercibido, polo que vos animamos a que a próxima vez que pasedes por alí o busquedes con calma para poder marabillarvos con el.

Pero fóra do Casco Vello atoparedes máis reloxos singulares coma o da rúa Taboada Leal e o do edificio Bankinter, na intersección de Urzáiz e Colón. Na mesma rúa Urzáiz atópase outro reloxo que coroa o edificio do seu mesmo nome, a Casa do Reloxo.

Tamén destacan o reloxo da oficina de Correos na Praza de Compostela e o reloxo de sol na igrexa de Bouzas.

E agora, sede sinceros, cantos coñecíades?

 

Fotografías: Vigoé

O novo Casco Vello de Vigo

Facebook

Twitter