O IGVS publicou as listaxes provisionais de admitidos para o sorteo de Ferrería 45-47 e 10-12
O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) publicou as listaxes provisionais de solicitantes de VPA admitidos e non admitidos nos procesos de adxudicación das promocións Ferrería 45-47 e Ferrería 10-12, levadas a cabo polo Consorcio Casco Vello de Vigo.
Para a primeira delas, Ferrería 45-47, onde a rehabilitación efectuada polo CCVV permitiu construír catro novas vivendas de distintas dimensións, admitíronse un total de 40 solicitudes das 48 presentadas.
No caso de Ferrería 10-12, onde se crearon dúas vivendas de igual superficie, o número de admitidos é de 19 dun total de 29 aspirantes.
Os titulares das solicitudes rexeitadas contaron co prazo legal establecido para tentar emendar os problemas detectados e, tras a súa revisión, o IGVS procederá próximamente a publicar as listaxes definitivas dos aspirantes que poderán participar no sorteo de adxudicación das vivendas.
As listaxes provisionais de ambas as promocións poden ser consultados na páxina do IGVS e nas seguintes ligazóns.