O IGVS publica as listas provisionais de admitidos nos concursos das promocións Ferrería 8 e Cruz Verde 8

 

Vigo, 22-02-2019.- O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) publica na súa páxina web senllas resolucións nos que dá a coñecer as listaxes provisionais de admitidos e excluídos para os próximos sorteos das promocións Ferrería 8 (Expediente: Po9-VC-0001/17) e Cruz Verde 8 (Expediente: Po9-VC-0002/17), impulsadas polo Consorcio Casco Vello de Vigo ( CCVV).

No caso de Ferrería 8 presentouse un total de 48 solicitudes das que 38 foron admitidas, abriéndose un prazo de sete días hábiles a partir de mañá para que as dez candidaturas excluídas provisionalmente presenten a documentación necesaria para emendar os motivos que motivaron a súa non admisión.

No caso de Cruz Verde 8 foron 50 as solicitudes presentadas, das que foron excluídas provisionalmente 11.

 Tanto Ferrería 8 como Cruz Verde 8 son vivendas unifamiliares de varios dormitorios e distribuídas en varias plantas situadas na denominada Zona Alta do Casco Vello de Vigo. Na súa rehabilitación o CCVV investiu unha cantidade próxima aos 310.000 € de acordo cos proxectos dos arquitectos Alberto Cebral Loureda e Ramón Vietez Martínez no primeiro caso e Emilio Estévez Fernández no segundo. As superficies útiles de ambas as edificacións superan os 115 metros cadrados e no seu equipamento figuran nas plantas baixas espazos aptos para a instalación de oficinas ou estudos profesionais.

Ferrería 8
 
Cruz Verde 8

  

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.